Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 12:08:47 horas

Xornal21.es
Viernes, 13 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

A Deputación dota de zonas de descanso intelixentes ao comercio de proximidade

Nigrán, Baiona, Tui e Soutomaior estrean os seus bancos e totems informativos con cargadores solares, puntos de recarga para móbiles, iluminación ou elementos ornamentais

Os programas “Commerce Inside” e “Da túa man” da Deputación de Pontevedra continúan dotando de vida ao comercio local dos concellos da provincia. En concreto, a cidadanía de Nigrán, Baiona, Tui e Soutomaior xa pode desfrutar das súas novas zonas de descanso verdes, que entregou o deputado provincial Santos Héctor aos respectivos gobernos. En total, ao longo dos últimos meses instaláronse estas áreas de descanso en 20 concellos da provincia ao abeiro dos proxectos “Da túa man”, dirixido a municipios para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización, e “Commerce Inside”, dirixido a concellos turísticos. Os proxectos, que están financiados ao 70% con Fondos Next Generation EU e ao 30% pola Deputación e os concellos, buscan favorecer o comercio polo miúdo e axudarlle a abordar os retos dixitais aos que se enfrontan na actualidade os establecementos de proximidade.

 

Os concellos beneficiarios son Baiona, Bueu, Tui, Soutomaior, Caldas de Reis, Nigrán, Sanxenxo, Cambados e O Grove, a través de “Commerce Inside”, e os de Moaña, A Cañiza, Gondomar, Meaño, Silleda, Ribadumia, Poio, Ponte Caldelas, O Rosal, Salceda de Caselas e Tomiño, no caso do proxecto “Da túa man”. Todas eles contan xa con zonas de descanso en diferentes localizacións dos municipios, que serán entregadas para a xestión municipal nos vindeiros días. Na gran maioría dos casos, están dotadas con cargadores solares, puntos de recarga para teléfonos e dispositivos dixitais, asentos, iluminación e xardineiras, mentres que noutros tan só contarán con xardineiras.

 

Por outra banda, un amplo porcentaxe destas novas áreas verdes de descanso está dotado con paneis informativos luminosos de baixo consumo que mostran toda a información precisa sobre a localización da zona comercial e dos comercios existentes na mesma, impulsando desta maneira a comunicación dos espazos comerciais destes 20 municipios e dotándoos dunha imaxe personalizada, para caracterizalos así como un espazo único e homoxéneo. Toda a información dispoñible pode consultarse a través dun código QR e cárganse con enerxía solar.

 

Coa instalación destas áreas búscase favorecer os procesos de compra, embelecer a contorna comercial, crear novos puntos de reunión vinculados ao comercio, mellorar a experiencia de compra das persoas consumidoras, garantir a accesibilidade universal para todas as persoas e promover a utilización de enerxías renovables a través de cargadores solares.


Na seguinte fase de ambos proxectos instalaranse dúas illas ecolóxicas en cada un dos municipios participantes, que contarán con colectores para o depósito dos diferentes residuos urbanos, fomentando a reciclaxe ao tempo que estes novos ecopuntos se integran na contorna, mellorando desta maneira a estética da zona. Ademais, no caso dos concellos de “Da túa man” instalaranse puntos de recollida intelixentes con “smart lockers” para transformar os principais puntos de venda e se desenvolverá un sistema de recollida de pedidos de forma colaborativa para impulsar os procesos de compra, entre outras actuacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.