Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

Rueda presenta a Almuiña como candidato á alcaldía de Baiona

O presidente do Partido Popular de Galicia asegurou que a candidatura de Jesús Vázquez Almuiña será “a excepción á regra de que segundas partes nunca foron boas” porque “xa realizou esta carreira en catro ocasións e sempre lle saíu ben” e está convencido de que “volverá facelo” o próximo 28 de maio

Alfonso Rueda remarcou que “non hai outro candidato que acredite máis capacidade de xestión”, poñendo en valor así a súa traxectoria como alcalde, como conselleiro de Sanidade a actualmente á fronte dun dos maiores portos de Europa

 

“Jesús Vázquez Almuiña está sempre onde se lle necesita e onde cre que o pode facer ben, e nestes momentos onde máis se lle necesita e onde mellor o vai facer é en Baiona”, engadiu

 

Afirmou neste sentido que “Baiona retrocedeu nos últimos catro anos dunha forma que parecía imposible, pasando a un lugar que nin merece nin pode permitirse e onde non pode seguir nin un minuto máis” e por iso anima ao candidato e ao seu equipo a “recuperar todo o perdido”

 

O líder dos populares concluíu que Jesús Vázquez Almuiña “sabe o que fai falta en Baiona e o que ten que facer para conseguilo” e por iso mostrouse convencido de que “a partir de maio haberá un alcalde en Baiona que sabe facer as cousas ben”

 

“RECONSTRUÍR BAIONA”

 

O recentemente elixido candidato do PP á alcaldía de Baiona asegurou que decidiu dar o paso e asumir esta responsabilidade “ante o grave deterioro dos servizos públicos, a parálise da vida municipal e a petición de moitos baioneses”

 

Afirma neste sentido que afronta “con humildade” e “desde o entendemento do servizo público como a mellor forma de axudar á xente” o reto de “conseguir por quinta vez unha maioría para conformar un goberno estable para Baiona”

 

“Temos que reconstruír Baiona para que volva ser unha sociedade cordial, na que se goberne e se presten servizos para todos. Porque aquí non hai bos nin malos, hai baioneses”, asegurou Jesús Vázquez Almuiña

 

O candidato dixo estar preparado para “volver situar a Baiona no lugar que merece” e “dar aos veciños as respostas que necesitan” ofrecendo como avais o traballo, a humildade e “un equipo ilusionado e ilusionante”

 

“Desde a humildade, aspiro a que cando nos vaiamos poidamos dicir que deixamos unha Baiona mellor da que nos atopamos”, concluíu

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.