Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Nova “Aula Mentor” na Casa de Cultura de Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño  vai por en marcha unha “Aula Mentor”, na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra, a cal funcionará de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00horas, a partires do mes de febreiro.

 

A través desta nova iniciativa de formación telemática, a veciñanza poderá beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online.

 

Para acceder a toda a información sobre o proxecto e máis o catálogo de cursos accesible poderán facelo na ligazón https://www.aulamentor.es/

 

As persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello por teléfono ou ben a través do correo electrónico salvaterrademino@aulamentor.es

 

Aula Mentor ofrece formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Unha vez realizado o proceso de matrícula, as persoas beneficiarias poderán completar os seus cursos na propia aula de novas tecnoloxías ou ben nas súas casas.

 

Os cursos teñen un custe de 24 euros mensuais e, coa súa superación, obtense un certificado oficial, asinado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

O programa de formación do Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de empregabilidade a través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.