Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Seis concellos da provincia contarán con novas caldeiras de biomasa

Carmela Silva: “Seguimos apostando por novos sistemas enerxéticos que aforran custes e que son respectuosos co medio ambiente”

A Deputación de Pontevedra inicia o proceso para contratar ás empresas que subministrarán a unha vintena de infraestruturas municipais de seis concellos da provincia de novas instalacións para uso térmico. En concreto, os concellos de Cangas, Portas, Red0ndela, Tomiño, Vilaboa e A Cañiza, poderán substituír o sistema que empregan actualmente por caldeiras de biomasa, o que permitirá reducir a demanda enerxética, o consumo e as emisións de residuos de carbono.

 

O proxecto conta cun orzamento de 454.546 euros, dos que 387.900 euros, é dicir, o 80%, están financiados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE). Desta maneira, como explicou Carmela Silva, “seguimos apostando por novos sistemas enerxéticos que aforran  custes e que, ademais, son respectuosos co medio ambiente”


 
En concreto, Cangas recibirá 105.347 euros para instalar caldeiras de biomasa na pista de atletismo e no pavillón; Portas 111.13 euros para o albergue , o campo de fútbol e o pavillón municipal: Redondela 105.291 euros para actuar no pavillón municipal e na casa da cultura; Tomiño 37.375 euros para o edificio de benestar social e policía; Vilaboa 37.172 euros para a casa do concello, e A Cañiza 58.244 para substituír os radiadores eléctricos de 15 edificios municipais – como centros culturais, tanatorios ou unha biblioteca, entre outros- por estufas de pellets. Ademais, todas as instalación disporán de sistema de telexestión e adaptaranse as salas de máquinas que existen na actualidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.