GALICIA
Axudas a preto de 80 entidades sociais para a adquisición de vehículos adaptados
A liña de axudas da Xunta de Galicia conta cun orzamento de 3,6 millóns de euros, permite a compra de 88 vehículos
A Xunta de Galicia concede axudas a preto de 80 entidades sociais do ámbito da atención a persoas con discapacidade para a adquisición de vehículos adaptados de emisión cero, eco ou de etiqueta C verde. O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución desta orde de axudas dotada con 3,6 millóns de euros.
Con esta liña de subvencións, o Goberno galego facilita a compra de 88 vehículos, que terán que ser comprados durante este ano. Así mesmo, as entidades beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata o 100% da subvención concedida para facilitar que as asociacións conten con liquidez antes de facer fronte a adquisición do vehículo.
As beneficiarias, do ámbito da atención persoas con discapacidade, poderán solicitar un anticipo de ata o 100% da subvención concedida
A posta en marcha desta liña de axudas obedece ao compromiso do Goberno galego coa mellora da atención ás persoas con discapacidade. Deste xeito, a Administración autonómica favorece por un lado a compra de medios de transporte que respecten o medio ambiente e, por outro, axudan as entidades sociais no seu traballo diario a favor das persoas dependentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180