GALICIA
A Xunta abre o prazo para adherirse ao programa de axudas para a renovación de electrodomésticos
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, presentou onte a nova edición de Galicia Renova Electrodomésticos que este ano contará cun orzamento de 3 millóns de euros
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, anunciou onte que os establecementos interesados en participar na nova edición do programa Galicia Renova Electrodomésticos poderán adherirse desde hoxe e ata o 30 de xuño.
O director xeral presentou a nova convocatoria destas axudas que este ano contarán cun orzamento de 3M€ -un 50% máis que en 2022- para favorecer a renovación de electrodomésticos en 20.000 fogares galegos.
Enmarcada no Plan de medidas específicas para o comercio galego e co obxectivo de apoiar a transición enerxética, os apoios do programa Galicia Renova Electrodomésticos están dirixidos a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.
As axudas son de concorrencia non competitiva -por orde de solicitude- e tramitadas a través de entidades colaboradoras. Os apoios poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral e do 50 ou 75% para os consumidores con máis dificultades, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario. Os particulares poderán solicitar as axudas a partir do 8 de febreiro e ata que se esgote o crédito, sendo a data límite o 30 de setembro.
Os establecementos interesados poderán inscribirse desde mañá e ata o 30 de xuño
O Goberno galego prevé, con esta nova convocatoria, unha mobilización de 10,5M€, aforros económicos anuais de 800.000 euros, unha redución do consumo enerxético de 4000MWh/ano, unha diminución das emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e o mantemento ou creación de preto de 150 postos de traballo, entre directos e indirectos.
Con esta liña de apoios a Xunta aposta novamente pola transición enerxética e promove un cambio cultural que proporciona ás familias as ferramentas necesarias para a descarbonización da economía.
Estas axudas alcanzan a súa cuarta convocatoria consecutiva desde 2020, posibilitando nos tres últimos anos un total de 45.622 actuacións, o que serviu como medida para reactivar a actividade comercial e facer fronte tanto aos efectos da pandemia neste sector como aos elevados prezos enerxéticos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56