GALICIA
A Xunta de Galicia destinará 1,5m€ para apoiar a instalación de caldeiras nos fogares galegos
As axudas poderán solicitarse a partir do 1 de marzo e alcanzarán, como máximo, os 8000 euros por proxecto
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, anunciou esta semana, durante unha visita a Maderas Besteiro en Friol, que a Xunta de Galicia activará esta ano 1,5M€ en axudas para apoiar a instalación de caldeiras nos fogares galegos.
O obxecto destas axudas é apoiar proxectos promovidos polos particulares con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante caldeiras que utilicen biomasa como combustible. A contía das axudas será dun 50% cun máximo de 8000 euros por proxecto.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases desta convocatoria á que se poderán adherir, desde mañá e ata o 1 de xuño, as entidades colaboradoras interesadas. O prazo para os particulares abrirase o 1 de marzo e rematará o 29 de xuño ou cando se esgoten os fondos, xa que son axudas que se outorgarán por orde de solicitude.
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá Maderas Besteiro en Friol que vén de instalar unha caldeira de biomasa
Os apoios favorecerán a mobilización de 3,75M€, aforros económicos anuais de 300.000 euros, así como a redución de emisións e aforros anuais de 6000MWh de enerxía. Tamén posibilitará a creación ou mantemento de 37 empregos.
Con esta liña de axudas, o Goberno galego segue avanzando no seu obxectivo de fomentar o uso de enerxías renovables, neste caso nos fogares, coa importante redución de custos enerxéticos que supón fronte a outro tipo de enerxías. Na convocatoria do ano pasado víronse beneficiados 522 fogares.
O director xeral destacou as vantaxes deste tipo de enerxía e puxo como exemplo a actuación que vén de desenvolver Maderas Besteiro, coa instalación dunha caldeira de biomasa de 960kW para a climatización da nave. Cun investimento total superior aos 200.000 euros e unha axuda da Xunta de 98.000, a empresa aforrará 100.000 euros ao ano na compra de combustibles e 2 millóns de kWH/ano de enerxía, o que suporá deixar de emitir 484 toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro. Non é o único investimento que a compañía realiza en materia enerxética, ademais, instalou paneis fotovoltaicos, tamén con axudas da Administración galega, que agora ten proxectado ampliar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169