Ponteareas
Ana Pontón: “Con Cristina Fernández Ponteareas está nas mellores mans”
Está convencida de que o Bloque terá unha maioría reforzada por parte da veciñanza que queren que Ponteareas siga progresando
A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na presentación de Cristina Fernández como candidata do BNG á Alcaldía de Ponteareas nas eleccións municipais de maio, convencida de que o Bloque revalidará a confianza dos veciños e das veciñas cunha maioría reforzada para que Ponteareas siga avanzando. “Con Cristina, Ponteareas está nas mellores mans”, proclamou, destacando as cualidades da actual alcaldesa.
“Valente, responsable, honesta e con capacidade para dialogar a chegar a acordos polo ben dos veciños e das veciñas. Cristina é unha desas alcaldesas que xoga na Champion League, que non está quentando banquillo, está na Alcaldía para suar a camiseta de Ponteareas para que siga avanzando e progresando”, destacou na súa intervención a líder nacionalista, quen tivo unhas emotivas palabras de lembraza para o anterior alcalde, José Represas.
“Estou convencida que sodes moitos e moitas as que vos sentides orgullosas da transformación que está vivindo Ponteareas, pero sei que hai unha persoa, que alá onde estea, está mirando para o concello feliz e orgulloso, vendo como o traballo que el empezou avanza a pasos axigantados. Esa persoa é Pepe Represas, sempre na memoria, sempre no corazón”, declarou.
Para seguir nesa senda de progreso iniciada fai oito anos, o BNG concorre a cita do 28M “con toda a humildade pero con toda a ambición, sen poñerse límites”, enfatizou, para conseguir unha maioría reforzada, “porque non podemos permitir que este concello retroceda, ao contrario, ten que seguir imparable co seu avance, mirando o futuro co optimismo, afrontando novos retos, poñendo en marcha novos proxectos, e sumando máis servizos, máis benestar social e máis calidade de vida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115