TURISMO
A Xunta a oferta turística sostible, responsable, diversa e con excelencia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega do premio Premio Pobos Máxicos de España na categoría de Turismo Rural á localidade lucense de Portomarín por converterse en destino turístico de excelencia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na segunda xornada de Fitur en Madrid, para abordar diferentes aspectos do turismo en Galicia, especialmente centrado na dinamización dun sector que bate récords de visitantes.
“Contamos cun turismo que sabe coidar, revalorizar e gozar do noso aprezado patrimonio natural, cultural e gastronómico” sinalou Nava Castro e defendeu a chegada do AVE como un factor clave para este avance. Nese sentido, situou o turismo dentro da comunidade como o favorito polos galegos ao apostar por “un modelo de turismo slow life, un turismo tranquilo, onde gozar sen présas dos nosos innumerables recursos de tanto na costa como no interior”.
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, desde este ano ata o 2025, a provincia de Ourense conta con 3 Plans de Sustentabilidade en Destino dos que se beneficiarán 30 concellos ourensáns, que contarán con 4 millóns de euros para as zonas de Valdeorras, Ribeiro e Carballiño, “o que axudará aínda máis a seguir collendo velocidade e a gozar das terras ourensás e de Galicia en xeral”.
Pobos máxicos de España: Portomarín
Durante esta segunda xornada da Feira Internacional de Turismo en Madrid, Nava Castro tamén foi a encargada de entregar, xunto co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, o Premio Pobos Máxicos de España na categoría de Turismo Rural á localidade lucense de Portomarín. Nesta liña, a cuarta edición dos galardóns recoñeceu o traballo levado a cabo pola localidade para impulsar e dinamizar o rural e converterse e destino turístico de excelencia no interior.
Camiño francés, camiño 360º
Outro dos actos centrais foi a presentación dunha das rutas máis empregadas polos peregrinos na súa viaxe a Santiago, o camiño francés. A directora de Turismo, acompañada polo delegado de Lugo, Javier Arias, fixo fincapé no camiño como unha ruta que “combina o seu tradicional acervo espiritual e sociocultural co seu poder de atracción turística e o seu carácter renovado como lugar de encontro aberto a todo tipo de culturas e xentes”.
Nesta segunda xornada da Feira Internacional de Turismo en Madrid, Castro tamén presentou o Camiño francés como unha das rutas máis empregadas polos peregrinos na súa viaxe a Santiago
Nesta mesma liña destacou ao Camiño de Santiago como un referente de intercambio e interculturalidade que xa é en un dos fenómenos máis universais da civilización na actualidade.
RC Celta, el deporte Global tiene su destino en Galicia
Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou que o proxecto Galicia Sports 360 quere converter o Celta nun dos centros neurálxicos do fútbol nacional xusto no centenario do seu nacemento. Neste sentido e da man das novidades introducidas no decreto galego de alto nivel, que posibilitaron que hoxe 752 deportistas galegos estean recoñecidos, Lete Lasa asegurou que esta instalación cumprirá todos os requisitos para ser o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado do fútbol galego. Un proxecto declarado de interese autonómico polo seu potencial non só deportivo, senón tamén educativo, innovador, empresarial e de servizos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184