Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 22 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Avanzan a bo ritmo as obras da senda Guizán - Cruce do Moreno

Trátase da segunda fase da humanización da Estrada Louriñó-Sobráns

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou onte os traballos correspondentes á obra de continuación da humanización de Guizán no tramo Sobráns-Louriñó. Os devanditos traballos, que comezaron a finais do ano pasado e teñen un prazo de execución de 5 meses, avanzan a bo ritmo. Nestes intres estase a realizar a acometida da canalización de pluviais, e a execución de beirarrúas e muros.


A humanización de Sobráns a Louriñó é a continuación do trazado de beirarrúas para mellora da mobilidade peonil na estrada Louriñó-Sobráns. A actuación desenvólvese ao longo de 2 quilómetros, partindo desde o Centro Cultural de Guizán cara ao cruzamento coa Estrada Puxeiros-Mos. O proxecto xera un espazo de tránsito seguro nunha estrada na que existe un elevado número de vivendas.

 

Trátase dun proxecto de execución dunha nova beirarrúa desde o Centro Cultural de Guizán ata o chamado Cruce do Moreno (parroquia de Torroso), financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

O presente proxecto ten como obxectivo a execución das obras e actuacións necesarias para xerar novos intinerarios peonís, aplicando criterios de mellora da seguridade vial, mobilidade  ostible e posta en valor do patrimonio cultural.

 

Neste sentido, a actuación plantéxase como un itinerario seguro e accesible con distintas zonas que distribúen e organizan o seu marcado carácter lonxitudinal.

 

O criterio principal de deseño é optar pola xeración de espazos de coexistencia, con preferencia peonil naqueles lugares onde as características espaciais da estrada o fagan posible.

 

Buscando mediante a unificación dos pavimentos unha redución de velocidade por parte dos  vehículos que garanta a seguridade dos viandantes.

 

A beirarrúa discorre pola marxe esquerda e dereita, adaptándose aos condicionantes presentes no seu trazado, polo que é necesario ampliar a plataforma actual nalgúns tramos, tomando como criterio a conservación de todos os elementos construídos       existentes. A beirarrúa contará con vados de acceso ás parcelas.

 

O orzamento base de licitación con IVE desta obra ascende a 657.456,66 euros.
Deste xeito desde o Concello de Mos séguense a dar pasos no Plan Mos Humanizado, que se iniciou na pasada lexislatura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.