Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 23 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Tourón reúnese coa Directora Xeral de Formación Profesional

A alcaldesa Verónica Tourón e a concelleira de ensino Angela Ledo, reuníronse a semana pasada coa directora Xeral de Formación Profesional María Eugenia Pérez Fernández en Santiago de Compostela, para estudar a viabilidade da implantación da Formación Profesional no concello de Salceda.


Na xuntanza, solicitada pola alcaldesa, tratáronse diferentes posibilidades como a implantación de FP Básica ou a Formación Profesional Dual, tendo en conta o amplo tecido industrial e comercial existente no municipio e nos polígonos industrias dos concellos limítrofes.


Tralo encontro, a vía de estudo quedou aberta para ser retomada unha vez rematada a ampliación do IES Pedras Rubias, que está en proceso de licitación neste momento.


O IES Pedras Rubia acolle este curso 409 alumnos e alumnas da ESO e de primeiro de bacharelato, implantado por primeira vez no municipio este curso.


No caso do alumnado que elixe estudar formación profesional ten que trasladarse a outros concellos polo que, a proposta trasladada é que unha vez estea rematada a ampliación se poidan aproveitar as instalacións para acoller a Formación Profesional na quenda de tarde ou compaxinando.


Tourón  aproveitou á ocasión para trasladarlle á directora xeral a súa preocupación pola problemática que ten o transporte en Salceda, e como afecta a mocidade local para poder formarse axeitadamente.


“É necesario abrir o abano de opcións educativas para que a nosa mocidade poida desenvolver a súa formación, aspecto vital para o desenvolvemento do noso concello”, considera Tourón, que ademais incide na importancia do gran esforzo que nesta liña de cambios, están a facer a equipa directiva do IES Pedras Rubias”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.