REDONDELA
Aberta a inscrición para o desfile de Comparsas e o Enterro do Berete
O Entroido 2023 de Redondela volve con total normalidade coas celebracións nas rúas recuperando a tradición e o espírito festivo que caracteriza ao municipio. O acto de Redondela está programado para o 19 de febreiro e o de Chapela para o 25 do mesmo mes
As bases que rexeran o Desfile de Comparsas e o Enterro do Berete xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e dispoñibles na páxina web do Concello de Redondela. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de febreiro no caso das Comparsas de Redondela e ata o 15 de febreiro no caso do Enterro do Berete.
Para o Desfile de Comparsas e disfraces de Redondela, o Concello destinará un total de 10.500 euros distribuídos tanto en premios coma en axudas ás comparsas que participen nos desfiles. Así, no apartado de axudas, destinará 300 euros ás comparsas que teñan entre 26 e 55 compoñentes; 400 euros aos que conten entre 56 e 80 compoñentes e 500 euros ás formacións que conten con máis de 80 compoñentes.
As categorías nas que se pode participar nos desfiles serán as de Comparsa –agrupación de máscaras nun número superior a 25 persoas–, Mocidade –comparsa que teña o maior número de mozos e mozas menores de idade á data da actuación–, Retranca –comparsa que mellor exprese con segundas intencións e humor a actualidade dentro dun marco de respecto e educación–, Inclusión e diversidade –comparsa con maior número de participantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %–, Grupo –agrupación de máscaras nun número de entre 3 a 25 persoas–, Parella –dúas máscaras– e Individual.
No que aos premios fai referencia, o xurado outorgará un primeiro de 900 euros, un segundo premio de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Amais os premios á mocidade, á retranca é a inclusión e diversidade de cada comparsa terán un premio de 500 euros cada un.
O xurado tamén outorgará premios aos grupos –200 euros para o 1º e 150 € para o 2º–, premios de parellas –100 € ao 1º e 80 € ao 2º– e, finalmente, premios individuais dotados con 80 € para o 1º e 50 € para o segundo.
Para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen o Entroido nos actos programados para o domingo 19 de febreiro e que comezará coa concentración das comparsas ás 17:00 horas no Campo da Feira. Sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile. O Concurso de grupos, parellas e individual desenvólvese na tarde do martes día 21 de febreiro, a partir das 17:00 horas. Todos os que desexen participar nesta fase do concurso realizarán a súa inscrición o mesmo día a partir das 16:00 horas, no posto instalado nos soportais do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170