Jueves, 19 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda de Caselas contará un ano máis co programa Aula Mentor

O concello de Salceda renovou por un ano máis o programa de formación aberta Aula Mentor dependente do Ministerio de Educación e Formación Profesional para maiores de 18 anos.

 

Este programa formativo conta dentro da súa ampla oferta cun catálogo de cursos que abranguen nos seus temarios contidos de diferentes áreas como a administración e xestión, comercio e marqueting, hostalería e turismo, informática e comunicacións, instalacións e mantemento, idiomas, servizos socioculturais á comunidade e ademais agora permite configurar un “itinerario formativo” propio para cada persoa.

 

Algúns cursos contan coa certificación do Ministerio de Educación, con validez oficial para puntuar en procesos de oposicións oficiais do eido da educación e da sanidade.

 

As principais novidades para esta anualidade son que o concello de Salceda pasa a ser un centro propio, non dependente coma aula auxiliar de Vigo, e contará con dous titores oficiais que forman parte do persoal técnico municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.