PONTEAREAS
ACiP confirmará a Juan Carlos G. Carrera como candidato a alcaldía
A formación realizará o acto de presentación o sábado 28 de xaneiro no Centro Artístico Sportivo ás 20:30h
O vindeiro sábado Alternativa Ciudadana de Ponteareas realizará o acto de presentación de Juan Carlos González Carrera como candidato a alcaldía de Ponteareas. O evento terá lugar no Centro Artístico Sportivo ás 20:30 horas, con dispoñibilidade de parking gratuíto para os asistentes.
Diante do " reto de ser a formación máis apoiada nas eleccións do vindeiro 28 de maio", a dirección de ACiP considera que, o actual portavoz, Juan Carlos González Carrera "é a persoa idónea para liderar o cambio de rumbo que necesita a cidade, sendo unha persoa cunha dilatada experiencia política". O partido considera que Carrera "será o próximo alcalde, poñéndose a cabeza dun equipo que a diario terá presente as 24 parroquias, sen as actuais diferencias de trato entre a urbe e o rural".
Como indica Juan Carlos, «aproveitamos os catro anos de oposición para escoitar a diario os veciños, e noto que cada vez transmiten un maior desexo de rematar a etapa de BNG e PSOE». Engade que «todo o mundo sabe que farei o mellor para Ponteareas e defendereina sempre, coa vantaxe de non ter que obedecer instrucións de Pontevedra, Santiago ou Madrid». Finalmente sinala que «estou moi ilusionado ante este reto, xa que invádenme as ideas para transformar a miña vila natal. Quero agradecer o respaldo que me mostraron todos os membros do partido. O 28 de maio imos gañar todos xuntos!».
"Dende ACiP consideramos que chegou o momento de gobernar, o momento de recuperar a relevancia de Ponteareas". Co respaldo da veciñanza González Carrera "é a única alternativa para o cambio" sinalan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115