LIBROS
Axel
O axente da policía xudicial Axel Nash non é capaz de tomarse a vida con calma e, se non hai casos que resolver, abúrrese mortalmente. Non en balde deixou o seu Vigo natal para buscar máis acción en Madrid. Unha mañá recibe a chamada da súa nova compañeira, Loor Galván, á que apenas coñece, pero coa que, sorprendentemente, conecta: Marcos Goya, presentador radiofónico dun programa nocturno, acaba de aparecer nun hotelucho de citas asasinado a coiteladas e con restos aparentes de ser torturado.
Mentres tanto en Vigo, Omar Pombo e o seu amigo Javier Grande, Jarvis, que, como moitos outros mozos das Rías Baixas, acabaron trapicheando para o narcotráfico, acaban de meterse nunha lea descomunal: perderon un cargamento e as consecuencias son previsibles. E non son boas.
Un mundo con personaxes demasiado apegados ao poder -e aos vicios- dos grandes empresarios, trata de brancas e prostitución, narcotráfico, moito cinema e moita música en dúas tramas perfectamente enlazadas, con xiros maxistrais e dous protagonistas inesquecibles: iso e máis é Axel, o debut narrativo do xornalista Luís García-Rey.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191