Galicia
Pontón acusa ao PP de non ter "nada que ofrecer salvo recortes"
"Galiza é un país rico con xente capaz, pero está quedando atrás por culpa dun goberno esgotado, incapaz de defender os intereses do País", alega
A portavoz nacional, Ana Pontón, denunciou na sesión de control no Parlamento desta semana que "Galiza está quedando atrás nesta crise de prezos por culpa dun goberno do PP esgotado e sen proxecto de futuro, que non ten nada que ofrecer aos galegos e as galegas salvo recortar servizos públicos e barra libre ao espolio eólico para as eléctricas, mentres Galiza vai a menos".
“Sobe a cesta da compra, sobe a factura da luz, soben as hipotecas, e que fai o Goberno do PP para axudar a xente deste País? Nada de nada, salvo recortes e privatizacións da sanidade e vender Galiza a prezo de saldo ás eléctricas para que sigan ganando cartos a mans cheas, mentres este País vai a menos e Galiza se queda atrás”, denunciou a líder do BNG no seu cara a cara co presidente da Xunta.
“Co Partido Popular, Galiza está quedando atrás porque os prezos suben máis que a media, porque o índice de produción industrial sube un 2,8% no Estado, pero aquí baixa 1,9%; porque temos 28.400 persoas menos traballando que fai trece anos, menos taxa de actividade e menos taxa de ocupación. Galiza está quedado atrás porque perdeu 22.800 traballadores autónomos e autónomas, case 3.000 no último ano, mentres o Estado gañou 108.000”, explicou.
Pontón continuo argumentando con datos na súa intervención para constatar o balance dunha Galiza que vai a menos. “Co Partido Popular, Galiza está quedando atrás porque o PIB, e dicir, a riqueza do País, medra cinco veces menos que no Estado, porque as nosas exportacións van peor e baixa o consumo das familias e das empresas, mentres no Estado sube”, recalcou.
E tamén son as decisións do Goberno do PP as que fan que Galiza perda posicións “cando votan en contra de medidas a favor da maioría, como o veto á tarifa eléctrica galega para abaratar a factura da luz, ao mesmo tempo dan barra libre ao espolio eólico para que as grandes eléctricas se sigan forrando”, denunciou, en relación aos 70 parques eólicos aprobados polo Executivo de Rueda

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101