Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 02 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Manoel Ucha candidato de Esquerda Unida - Podemos

O actual coordinador de Esquerda Unida, Lino Costas, deixa de ser candidato á alcaldía pero continúa vinculado e ilusionado co novo proxecto, despois de dúas lexislaturas como número un das listas electorais.

Como froito da alianza rexenerada das esquerdas en Ponteareas entre Esquerda Unida e Podemos xorde tamén a selección dun novo candidato para encabezar as súas listas, Manoel Ucha, veciño da vila de 32 anos. A elección foi o pasado sábado 28 de xaneiro nunha reunión entre as forzas para decidir quen encabezaría a proposta.

 

Na reunión, na que tiveron oportunidade de participar a militancia e simpatizantes de Esquerda Unida e Podemos de Ponteareas, acordouse por unanimidade que Manoel Ucha encabezaría a candidatura conxunta que as dúas organizacións teñen previsto presentar para ditas eleccións, pasando Lino Costas a testemuña o fronte do espazo de esquerdas despois de oito anos.

 

En palabras de Lino C Vila, coordinador local de Esquerda Unida, e concelleiro por Esquerda Unida en Ponteareas entre os anos 2015 e 2019, "A elección de Manoel Ucha coma candidato ás eleccións municipais, tendo en conta a súa capacidade e a súa traxectoria de traballo nos colectivos sociais, pode ser o revulsivo que a esquerda necesita para ter unha importante presenza no Concello de Ponteareas".

 

Pola súa parte, Jonathan Martínez, enlace de coordinación de Podemos Ponteareas, manifestou "Teño o convencemento de que a decisión de elixir a Manoel Ucha como cabeza da candidatura unitaria para as Eleccións Municipais de 2023 é unha boa decisión que permitirá, ademais de obter unha boa representación no Concello, afondar na confluencia entre as dúas organizacións".

 

Ao remate da reunión, unha vez tomada a decisión por parte de Esquerda Unida e Podemos Manoel Ucha manifestou o seu compromiso en traballar para a mellora das condicións de vida da veciñanza de Ponteareas, sen deixar ningunha persoa atrás, a través das liñas marcadas no programa conxunto e sempre dándolle a máxima importancia a tomar as decisións de xeito democrático

 

Manoel Ucha é un coñecido veciño de Ponteareas, xa que é nativo da vila, e especialmente a causa da súa vinculación con un dos colectivos sociais más fortes de Ponteareas. Profesor de profesión e activista político dende moi novo, sempre formou parte das inquedanzas sociais e políticas que rodearon os temas do pobo, polo que, o seu salto a política como cabeza de lista despois de levar varios anos vinculado a Esquerda Unida é un paso lóxico na súa implicación co partido e o futuro da vila.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.