DEPORTES
As másters disputaron o seu campionato galego de lanzamentos
Unha das modalidades importantes do noso atletismo tivo esta fin de semana en Pontevedra a súa cita anual ca celebración do Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos para a categoría máster.
Ata o CGTD de Pontevedra viaxaron un bo número dos nosos e nosas máster para competir nas modalidades de xavelina, martelo e disco.
O máis salientable prodúxose na categoría femenina con María de los Angeles Rodríguez da Atlética A Silva quen quedaba ás portas do récord galego W65 no concurso de martelo ao lanzar ata os 20.64 m. a poucos centímetros do récord de Emilia Mesa. Sobre esta mesma proba, a lanzadora da Gimnástica, Loreto Brea na W45, tamén efectuaba unha bo campionato lanzando 38.14 m.
Por parte masculina, Javier Viteri do Samertolameu domiñaba a modalidade de disco na que realizaba un bo lanzamento de 41.12 m . José Manuel Almudí na M80, en calidade do máis veterano dos participantes, lanzaba o martelo ata os 31,85 m. nun concurso na que posúe o record galego con 35.29 m.
Por útimo Xulio Ventín do Atletismo Sada, enviaba o martelo na M60 ata os 42.46 m. no seu segundo lanzamento facendo o propio na M65, Santi Ferrer da Gimnástica con 24.51 m. no concurso de xavelina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217