Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 02 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Xuventudes socialistas de Mos celebra o seu VI Festival solidario

O vindeiro sábado 4 de febreiro ás 17.00 horas no Centro Cultural de Guizán terá lugar o VI Festival solidario das xuventudes socialistas de Mos, a organización di sentirse satisfeita por chegar a VI edición deste festival que naceu co obxetivo de poder aportar unha axuda a aquelas entidades que fan unha gran labor no concello. Comezaron axudando a ASODIFISI na súa primeira edición pasando polo banco de alimentos de Mos, elfos e calcetíns, COGAMI e por segunda vez colaboran ca Asociación Contra o Cancro de Mos.


Na súa VI edición queren axudar a AECC de Mos cunha aportación económica que será obtida a través das entradas para o festival ou colaboracións ca entrada fila 0. Christian González, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Mos co seu equipo, ven de reunirse ca directiva local, ca que consolidaron o seu compromiso de doazón do festival. González manifesta que dende a organización moza teñen un gran compromiso social e  que é para eles un orgullo colaborar ca entidade.


Por outra banda, Xuventudes socialistas de Mos quere volver por en valor a variedade musical e artística do concello, da man da solidariedade das diferentes agrupacións que participan no festival. Convidan o público a asistir e desfrutar das diferentes actuacións de teatro, música, canto e baile. Para poder asistir, a aportación en forma de doazón é de 5€ ou tamén se pode colaborar con fila 0 cun importe de 3€.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.