Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 31 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Tempo de Entroido en Mos

Xa se respira na localidade mosense a ledicia da celebración máis divertida do ano. Alcaldesa e concelleira de Cultura presentaron hoxe a programación municipal organizada para este 2023

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, presentaron esta tarde a Programación do Entroido de Mos para este ano 2023.


Anunciaron que o programa de actos comezará o venres 17 de febreiro co Festival de Entroido nos exteriores do Pazo de Mos a partir das 23:00 horas coas actuacións musicais de Los Lunes al Sol, Ging Toni´s e DJ Omy Cid.
O luns 20 de febreiro celebrarase a Festa Infantil de Entroido no Multiusos das Pozas desde as 17:00 horas, contando coa Orquesta Ce Pantasma e Barafunda Animación.


DESFILE DE COMPARSAS
Será o domingo 19 de febreiro pola Avenida de Sanguiñeda. Dará comezo ás 17:00 horas e o broche final poráo o concerto do grupo Girl’s Gang.


As comparsas interesadas en participar no desfile teñen de prazo para inscribirse dende mañá mércores 1 ata o mércores día 15 de febreiro, ambos inclusive. O listado de comparsas admitidas será publicado o xoves día 16 de febreiro na web do Concello.


O desfile divídese en DÚAS seccións: GRUPOS E COMPARSAS, dentro das comparsas 2 categorías (INFANTÍS, ata 12 anos, e ADULTOS, de 13 anos en adiante). Consideraranse dunha ou doutra categoría atendendo á porcentaxe de idade que teña maior número de compoñentes, como mínimo nun 60%.


O XURADO do concurso de comparsas estará formado por: dúas persoas do mundo do Teatro e o espectáculo. Unha persoa do mundo do deseño, a confección e a moda. Unha persoa do mundo do baile. Unha persoa do mundo da perruquería e maquillaxe. Presidido pola concelleira de Cultura do Concello de Mos. Secretaria do xurado: funcionario/a do Concello de Mos, que designe a Presidenta.


PREMIOS:



GRUPOS:

De 15 a 25 compoñentes por participar: 200,00 €.

Premio único ao mellor grupo: 200,00 €.


COMPARSAS:
De 26 a 40 compoñentes categoría infantil por participar: 300,00€
Máis de 41 compoñentes categoría infantil por participar: 400,00€
De 26 a 40 compoñentes categoría adulto por participar: 400,00€
Máis de 41 compoñentes categoría adulto por participar: 500,00€
Premio único á mellor comparsa infantil: 500,00 €
Premio único á mellor comparsa de adultos: 500,00 €

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.