
Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra asaída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense 'O Tío Marcos d'A Portela'.
En 2023, somos máis de 130 medios o que utilizamos a nosa lingua como vehículo, como ferramenta, como obxectivo en si mesmo. 130 medios polos que que en cada rolda de prensa, en cada boletín informativo, en cada noticia, reportaxe, entrevista, infografía... a lingua e a ollada galega están presentes. Nas ondas, na rede e no papel. 130 medios que dignificamos, facendo máis útil, a nosa lingua.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.