SALCEDA DE CASELAS
A Xunta inviste máis de 170.000€ en melloras do CEP Altamira de Salceda
As obras abrangueron tanto a reforma dos vestiarios do ximnasio como a renovación de luminarias e falsos teitos en todo o centro
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades investiu máis de 170.000€ en diversas melloras no colexio CEP Altamira, en Salceda de Caselas. O xefe territorial, César Pérez, visitou esta semana o centro para comprobar o resultado das obras, que abrangueron tanto a reforma dos vestiarios do ximnasio como a renovación de luminarias e falsos teitos en todo o centro.
No que atinxe os falsos teitos, adaptáronse os existentes para a instalación dos novos elementos de iluminación. Así mesmo, nas aulas onde non existía instaláronse paneis de absorción acústica para mellorar o ambiente de traballo e estudo.
No caso das luminarias, as novas son de tipo led e alta eficiencia enerxética, con sistema de regulación multisensor nas aulas e detectores de movemento nas zonas de circulación e dependencias que non teñen necesidade de regulación lumínica. Ademais, redistribuíuse o cableado de conexión de puntos de luz e acometéronse os remates precisos e retoques de pintura nos teitos
A actuación, enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, ten como obxectivo facer máis eficiente o consumo enerxético do colexio así como mellorar o confort da comunidade educativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11