MOS
Nidia Arévalo, único alcalde galego que participará na Intermunicipal de Valencia
A rexedora de Mos será unha das 10 alcaldesas e alcaldes do Partido Popular de toda España que intervirán no encontro nacional que comeza mañá
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, será o único alcalde galego que intervirá mañá sábado, na 26 Intermunicipal do Partido Popular, que terá lugar en Valencia. Entre os participantes, só haberá dez alcaldes de toda España entre os que se atopa a rexedora mosense. Na convención dos populares tamén estará o presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e os ex presidentes populares, Mariano Rajoy e José María Aznar.
Arévalo participará nunha mesa redonda sobre o “Pasado, presente e futuro do municipalismo”, na que estará acompañada do candidato á alcaldía de Pamplona, Carlos García Adanero; a candidata á alcaldía de Avilés, Esther Llamazares; o candidato á alcaldía de Logroño, Conrado Escobar; a alcaldesa de El Pedernoso, Ana Cantarero; o alcalde de Alaró, Llorenç Perelló; o de Villanueva de la Cañada, Luis Partida e o alcalde de Málaga, Francisco de La Torre. A mesa estará moderada polo candidato á alcaldía de Barcelona, Daniel, Sirera. Esta charla coloquio está previsto que comece ás 17,30 horas, xusto a continuación da intervención de Rajoy e Aznar.
A Intermunicipal do Partido Popular arrancará mañá sábado ás 9.30 horas na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia e ao longo de dous días, converterase no gran acto de encontro de representantes populares das administracións locais de todo o país. Alberto Núñez Feijóo será o encargado de clausurar a convención, o domingo ás 11.30 horas, que reunirá a un milleiro de asistentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149