MOS
A Xunta visita TYM Ganain en Mos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta compañía en Mos da que destacou a súa aposta pola diversificación, a innovación, a sustentabilidade e a internacionalización
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegurou onte, durante a visita ás instalacións de TyM Ganain en Mos, que empresas como esta permiten a Galicia contar cunha potente industria auxiliar que dá soporte a sectores que serán clave na transformación enerxética e dixital do modelo produtivo.
TyM Ganain, con máis de catro décadas de experiencia, está especializada na fabricación e construción de equipos para a automoción, o naval, a aeronáutica ou a eólica offshore. Conde destacou a aposta deste empresa pola diversificación, así como pola innovación e a sustentabilidade e puxo en valor a súa presenza no mercado internacional, cara a onde destina o 80% das súas operacións.
Avanza que xa está aberta a liña de axudas de economía circular coa que o Goberno galego axuda a pemes e autónomos a contar con procesos máis eficientes e maiores aforros de consumo e da que esta empresa foi beneficiaria na anterior convocatoria
O vicepresidente económico destacou o papel da Xunta acompañando ás empresas nos seus plans de investimento. Neste sentido, explicou que TyM Ganain mobilizou 1,1M€ grazas aos apoios da Xunta no eido da dixitalización, a I+D+i, a internacionalización ou a economía circular.
A este respecto, xa está aberta a nova convocatoria da liña de axudas de economía circular para que pemes e autónomos poidan contar con procesos máis eficientes e maiores aforros de consumo cun orzamento de 1,5M€. Axudas das que se beneficiou, na anterior edición, TyM Ganain.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149