Vigo
Caballero e Silva eloxian a sensibilidade da artista Andrea Costas
O Museo MARCO inicia a súa programación de 2023 coa exposición da viguesa Andrea Costas Lago que, baixo o título Desapego, presenta un proxecto que reúne obras dos dous últimos anos: fotografías, vídeos e unha instalación específica na propia sala. Abel Caballero e Carmela Silva loaron a sensibilidade desta mostra durante a súa inauguración.
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación acompañaron esta semana no MARCO a Andrea Costas, artista e docente, que desenvolve o seu labor creativo utilizando diversas linguaxes (instalación, vídeo, performance) se ben é máis coñecida pola súa obra fotográfica. A súa persoal narrativa adoita tratar temas tan cotiáns como universais desde unha perspectiva emocional e psicolóxica.
Desapego é resultado dun proceso de investigación e traballo de varios anos: unha toma de conciencia sobre a maternidade, unha visión en primeira persoa a través da arte, afastada de convencionalismos e idealizacións, no ronsel da obra doutras mulleres como a poeta Adrienne Rich, as fotógrafas Ana Casas e Elinor Carucci ou a artista Ana Álvarez-Errecalde.
A mostra, que conta coa colaboración da Deputación, está comisariada por Miguel Ángel Fernández-Cid e Pilar Souto Souto e permanecerá aberta no Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata o próximo 2 de xullo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163