Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Centro Cultural acolle a exposición “Mujeres científicas de ayer, hoy y mañana”

Fai un percorrido histórico por 23 mulleres relevantes na ciencia e achega e promove o acceso igual das futuras nenas ás carreiras STEM e en especial á carreira científica

O centro cultural do Porriño acolle  ata o vindeiro sábado, 11 de febreiro, a exposición “Mujeres científicas de ayer, hoy y mañana” organizada polo grupo Zendal.


Trátase dunha mostra con vocación divulgativa que fai un percorrido histórico por 23 mulleres que deixaron pegada no coñecemento científico e no avance médico, desde a enfermeira Isabel Zendal, a galega Alicia Estévez ata a astronauta Sara García.


A exposición poderá visitarse ata o 11 de febreiro, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co que se trata de visibilizar a necesidade de lograr acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e o empoderamento da súa creatividade e intelixencia.


En esta liña, é a destacar a aposta do grupo Zendal pola difusión, promoción e recoñecemento da investigación, a innovación e os científicos que está tamén presente noutras accións corporativas como a celebración dos seus premios Internacionais Zendal, que na súa primeira e segunda edicións recaeron en científicas destacadas como María Vallet-Regí e María Blasco, directora do Centro de Investigaciones Oncológicas (CNIO) pola súa traxectoria en pro da ciencia e do papel da muller neste ámbito.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.