Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 13:42:48 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 08 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Rueda destaca as oportunidades do programa Emprega Xuventude

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destaca as oportunidades que ofrece o programa Emprega Xuventude para abrir as portas do mercado laboral ao talento da mocidade galega. Asegurouno na inauguración da Xornada Emprega Xuventude, que reuniu en Pontevedra a mozas e mozos preceptores das axudas do Goberno galego para entrar no mercado laboral e a empresas colaboradoras e contratantes, un acto no que estivo acompañado pola conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López. 

 

A Xunta de Galicia organizou o encontro para dar a coñecer as accións que está a levar a cabo para incentivar a contratación da xente moza, para abrirlle ao talento as portas do mercado laboral e para que a mocidade decida quedarse en Galicia e desenvolver na súa terra o seu proxecto de vida. Con ese obxectivo, o Goberno galego puxo en marcha o ano pasado o plan Emprega Xuventude, e dado o éxito da convocatoria, tirou este ano dunha nova edición á que se destinan case 30 millóns de euros para facilitar a contratación de preto de 2.000 mozos e mozas. “Do que se trata -dixo o presidente da Xunta- é de darlle unha oportunidade á xente moza, que se quere traballar aquí, que poida facelo”. 

 

Ao encontro acudiron representantes de empresas de diferentes eidos que se beneficiaron das axudas do programa, así como mozas e mozos contratados a través da convocatoria que deron a coñecer a súa experiencia no mercado laboral. Sectores como as TIC, os coidados, a tecnoloxía, a comunicación ou os deportes, que tanto chaman á xuventude e que tan necesitados están de persoal cualificado, botaron man desta oportunidade que lles permitiu mellorar a súa competitividade, en tanto que as mozas e mozos beneficiarios puideron romper o teito de cristal da primeira contratación e iniciar así a súa andaina profesional.

 

 A nova edición de Emprega Xuventude incentivará a contratación de xente nova en diferentes eidos para chegar a mozos e mozas de moi diferentes perfís laborais. Por unha banda, cun novo programa que subvenciona o primeiro contrato de traballo, pero tamén con obradoiros de emprego que alternan a formación coa práctica profesional. O programa Investigo -para a xeración de emprego no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación- e o programa Talento 30 -para facilitar un período de formación e prácticas nas empresas- son outras alternativas dunha oferta que inclúe tamén as liñas deseñadas especificamente para a xuventude dentro do programa Galicia Emprega.
 
 
O presidente da Xunta destacou que o plan tiña como principal obxectivo impulsar un emprego estable e de calidade co obxectivo de que a xuventude elixa Galicia para desenvolver o seu proxecto de vida, polo que destacou tamén outras iniciativas como a Estratexia Galicia Retorna, que persegue o regreso dos galegos que emigraron e dos seus descendentes, que teñen así a oportunidade de asentarse na terra dos seus avós.  
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.