Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 08:35:02 horas

Xornal21.es
Jueves, 09 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta abre o calendario de eventos de 2023 na feira internacional de Galicia Abanca

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración da Feira profesional de subministracións e ferraxería industrial, protección laboral e maquinaria

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou  na inauguración da Feira profesional de subministracións e ferraxería industrial, protección laboral e maquinaria Expoferr 2023, coa que se abre o calendario de eventos deste ano na Feira internacional de Galicia Abanca. O encontro prolongarase ata este sábado, con 6.000 metros cadrados de exposición e a presenza de 320 marcas de 11 países.

 

No acto inaugural, que contou tamén coa presenza do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, e do director xeral da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, Diego Calvo destacou a celebración da única feira sobre subministración e ferraxería do noroeste peninsular na Feira Internacional de Galicia Abanca. “Un encontro referente nun recinto tamén referente en Galicia e que pechou o ano 2022 con cifras récord en varias feiras”, apuntou.

 

Calvo incidiu no interese que esperta o encontro a nivel nacional e internacional, que levou a organización a prolongar unha xornada máis a súa duración fronte a anteriores edicións en resposta á demanda dos profesionais de dispoñer de máis tempo. A feira chega este ano á súa terceira edición e faino consolidada e medrando en todos os aspectos, xa que, tal e como indicou o vicepresidente segundo, dobra a superficie para acoller un 66% máis de expositores e un 45% máis de firmas.

 

Dirixido a profesionais do sector, o evento convértese así nun grande escaparate de ferramenta, material de protección laboral e vestiario de traballo, entre outros múltiples produtos. Ademais, conta cun amplo e variado programa que inclúe case un cento de demostracións que se repetirán ao longo das tres xornadas.

 

Calendario con dez feiras pechadas
Expoferr representa o primeiro gran evento deste ano no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, que xa conta cunha decena de encontros pechados no calendario de 2023, tras os bos resultados rexistrados o pasado ano tanto na celebración de eventos coma na facturación da Central Agropecuaria de Galicia.

 

Así, o vindeiro mes acolle a Feira profesional de maquinaria, agricultura e gandería Abanca Cimag-GrandAgro e o Salón internacional da industria acuícola AquaFuture Spain. En xuño será a quenda da tradicional Abanca Semana Verde, que suma 45 edicións, e dos habituais encontros paralelos, como Salimat Abanca ou Turexpo Galicia. Xa de cara ao final de ano, chegan ExpoBus Iberia e a segunda edición da feira de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo.

 

A Xunta destina neste exercicio un orzamento de case 3 millóns de euros para a Fundación Semana Verde, co obxectivo de manter a liña positiva lograda en 2022 tras o parón da pandemia. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.