GALICIA
A Xunta destaca as condicións favorables de Galicia para ser referencia en hidróxeno verde
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou en Vigo na inauguración da III Xornada sobre hidróxeno renovable en Galicia
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá en Vigo na inauguración da III Xornada sobre hidróxeno renovable en Galicia, na que destacou as condicións favorables coas que conta Galicia para ser unha rexión de referencia internacional neste eido.
Así, a Comunidade conta cunha gran dispoñibilidade de recurso hídrico, un amplo ecosistema de innovación e investigación, un tecido empresarial diverso e con capacidade, alta produción de enerxía renovable e unha posición xeográfica destacada. Ademais, xa se están a promover proxectos concretos en toda a cadea de valor, desde a produción, ata a mobilidade, pasando por fabricación de compoñentes, consumo ou I+D+i. Dous deles (as plantas de Reganosa e EDP Renovables nas Pontes e a de Forestal del Atlántico en Mugardos) foron declarados, ademais, proxectos industriais estratéxicos.
Paula Uría referiuse á importancia da colaboración público-privada para a posta en marcha de proxectos estratéxicos e puxo en valor a creación da Alianza Industrial do hidróxeno verde para establecer sinerxías e situar Galicia nun lugar destacado no contexto internacional. Esta alianza pretende aproveitar os recursos e todo o coñecemento e capacidades que hai na Comunidade e ser un polo de atracción de investimentos a través da identificación de oportunidades, a posta en marcha de ferramentas de axilización administrativa, formación especializada ou a investigación. Será fundamental, ademais, contar coa infraestrutura necesaria para a execución do hidroduto Guitiriz (Lugo)- Zamora para conectar Galicia co resto de España e Europa.
A secretaria xeral finalizou explicando que queda traballo por diante no eido da regulación, da simplificación administrativa, na I+D+i, na coordinación dos incentivos económicos coas necesidades reais da industria, na formación e na captación de talento, pero lembrou o compromiso da Xunta co impulso das enerxías renovables a través da Axenda Enerxética de Galicia 2030 e o esforzo que se está a realizar para fomentar a participación do tecido industrial na cadea de valor do hidróxeno e do almacenamento enerxético.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103