REDONDELA
A Asociación de Empresarios de Redondela coordina a realización dun roteiro guiado
AS ACTIVIDADES DE ALOXAMENTO TURÍSTICO SUMAN NOVAS INICIATIVAS ANTES DO ARRANQUE DA TEMPADA
Este primeiro roteiro percorreu as zonas urbanas de Redondela dende o casco histórico de Redondela, descubrindo vestixios da muralla medieval ata o Peirao dos Carabineiros, un percorrido que durou máis de 3 horas e que fusiona distintos roteiros temáticos que se comercializarán esta tempada para os viaxeiros e visitantes que queiran descubrir a localidade.
As empresas do sector destacan a oportunidade que supón coñecer de primeira man a historia e simboloxía dos distintos puntos de interese localizados no Concello de Redondela xa que desta maneira permítelles dar un asesoramento personalizado ao viaxeiros e adaptado aos seus gustos e preferencias.
Dado que non so a Vila de Redondela alberga puntos de interese para o turista senón que tamén o entorno rural e a propia Enseada de San Simón e as illas teñen moita historia que contar realizaranse novos percorridos guiados coas empresas do sector turístico que conforman esta Rede de Networking sectorial que está traballando de forma coordinada pola Asociación de Empresarios de Redondela.
A Vicepresidenta da Asociación de Empresarios de Redondela, Verónica González Seijas, que acompañou en todo momento aos participantes manifestou que as empresas do sector creen que unirse é hoxe, mais que nunca, unha necesidade e que para nós é un deber, como Asociación, estar aí apoiando e acompañando.
O sector do aloxamento en Redondela ten experimentado un notable crecemento nos últimos anos, coordinar e impulsar accións conxuntas é un paso necesario que o sector privado demanda e a Asociación toma o testemuño para coordinalo e servir de correa de transmisión coas administracións con competencias na materia.
Durante a xuntanza os asistentes analizaron os últimos datos estatísticos do sector en Redondela e a súa comparativa co marco autonómico. Actualmente, figuran rexistradas en Redondela 110 actividades de aloxamento das cales o 75% son Vivendas de Uso turístico (VUT), no obstante, este tipo de aloxamento representa 41% da oferta de prazas de aloxamento, un porcentaxe que está 3,61 puntos por encima da media Galega o que denota unha maior dimensión deste tipo de aloxamento no municipio. As VUT ten experimentado un intenso crecemento, dato que vai moi en consonancia co experimentado en toda Galicia nos últimos anos, especialmente no litoral.
Albergues e pensións concentran o 40% das prazas de aloxamento da localidade. Cunha oferta renovada e adapta perfectamente a crecente demanda de turismo de peregrinaxe que ten actualmente Redondela.
A oferta de prazas de aloxamento na tipoloxía de hoteis segue a ser a menos significativa co 2% das prazas. O sector segue reclamando a importancia de sumar este tipo de establecemento á oferta local achando esta deficiencia ao escaso apoio da administración local á iniciativa privada para o desenvolvemento deste tipo de aloxamentos.
Pola súa banda, o turismo rural e os apartamentos turístico manteñen unha oferta estable no municipio con opcións moi atractivas e diferenciadas.
A análise da Ameazas, Oportunidade, Fortaleza e Debilidades deu pe a un interesante debate a unha importante reflexión sobre a necesidade de remar xuntos para que Redondela sexa un punto de referencia en Galicia da man do destino estrela que se atopa no corazón da enseada de San Simón.
Destacou, na análise dos datos que Redondela, que con 120.000 visitante en 2022, tan so o 3% foi rexistrado na oficina de turismo, responsabilizando a xestión municipal deste importante desaxuste no servizo de información ao visitante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170