PROVINCIA
A Xunta ofrece preto de 200.000 metros cadrados de solo empresarial bonificado na Provincia de Pontevedra
A partir de hoxe e ata o 14 de marzo poderanse solicitar os 162.000 metros cadrados que acaba de sacar Xestur nesta provincia no seu concurso de adxudicación
A Xunta de Galicia pon á disposición das empresas galegas ou daquelas interesadas en asentarse na Comunidade un total de 892.927,65 metros cadrados de parcelas urbanizadas en 37 parques propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e de Xestur. Deste total, 199.540,06 metros cadrados correspóndense con polígonos localizados na provincia de Pontevedra, onde o tecido empresarial poderá acceder a esta superficie a prezos bonificados.
Con este fin, a empresa pública Xestur hoxe, 14 de febreiro, o prazo para a presentación de ofertas ao concurso público de adxudicación de solo a prezos bonificados nos polígonos que están baixo a súa titularidade. As ofertas poderán presentarse ata o vindeiro 14 de marzo.
En total, sacaranse á venda 215 parcelas en toda Galicia que suman 517.720 metros cadrados, aos que ao longo de 2023 se unirán outros 86.521 metros correspondentes á ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia, actualmente en desenvolvemento.
Pola súa parte, o IGVS ofrece 288.686,96 metros cadrados de parcelas, que se adxudicarán segundo o establecido nas bases do concurso vixente. No caso do IGVS as parcelas pódense solicitar en calquera momento.
Todas as parcelas que ofrece a Xunta, tanto as promovidas polo IGVS como por Xestur, véndense a prezo bonificado, con descontos do 50% nas provincias de Lugo e Ourense, Ferrolterra, Costa da Morte e fronteira portuguesa, e do 30% nos parques restantes.
Ademais da adxudicación en compravenda existe tamén a posibilidade de acceder ao solo en dereito de superficie, pagando un reducido canon anual (1,5% do prezo os dous primeiros anos), en alugueiro e en compravenda con pago aprazado.
Na provincia de Pontevedra, o concurso convocado por Xestur inclúe 38 parcelas cunha superficie total de 162.406,06 metros cadrados.
CONCURSO DE XESTUR GALICIA
PARQUE
NÚMERO DE PARCELAS
SUPERFICIE m2
PREZO BONIFICADO máximo e mínimo €/m²
A Veigadaña (Mos)
6
22.028
107,10 – 126,00
A Reigosa (Ponte Caldelas)
13
112.368,25
53,67 – 70,00
Lalín
1
2.008
70
Silleda
3
8.457,61
44,00 - 59,62
Arbo
15
17.544,20
30 – 35
TOTAL
38
162.406,06
Ao solo ofertado en Pontevedra pola empresa pública sumaranse os 37.134 metros cadrados que ofrece o IGVS na Central de Transportes de Ponte Caldelas, que actualmente están readaptándose para incluír usos industriais e comerciais
2,9 millóns de metros adxudicados
Desde que en 2015 se implantaron as bonificacións do 30% e do 50% no prezo de venda do solo industrial baixo a súa titularidade, a Xunta de Galicia adxudicou nos seus parques empresariais preto de 2,9 millóns de metros cadrados.
Dese total, adxudicáronse en compravenda 2.555.044,57 metros cadrados, con bonificacións por importe de máis de 83 millóns de euros. Ademais, adxudicáronse 324.452,23 metros en dereito de superficie, cun valor total de máis de 22,24 millóns de euros, polo que a aposta da Xunta de Galicia por incentivar a actividade das empresas asentadas en Galicia acada os 105,24 millóns de euros.
En total son 565 as empresas adxudicatarias de solo e estímase un investimento pola súa parte de máis de 800 millóns de euros e a creación de máis de 8.000 empregos.
Solo en desenvolvemento
Por outra parte, a Xunta traballa actualmente no desenvolvemento de máis de 6,8 millóns de metros cadrados de solo empresarial, dos que máis de medio millón están en fase de urbanización, máis de 3,1 millóns de metros cadrados en redacción de documentos técnicos e máis de 3,1 millóns de metros cadrados en estudos previos.
En concreto, no caso da provincia de Pontevedra, estase a traballar na dotación de novo solo empresarial nos parques de Ponte Caldelas (Central de Transportes), Lalín, Pontecesures, A Estrada e Mos-Redondela.

A Xunta de Galicia pon á disposición das empresas galegas ou daquelas interesadas en asentarse na Comunidade un total de 892.927,65 metros cadrados de parcelas urbanizadas en 37 parques propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e de Xestur. Deste total, 199.540,06 metros cadrados correspóndense con polígonos localizados na provincia de Pontevedra, onde o tecido empresarial poderá acceder a esta superficie a prezos bonificados.
Con este fin, a empresa pública Xestur hoxe, 14 de febreiro, o prazo para a presentación de ofertas ao concurso público de adxudicación de solo a prezos bonificados nos polígonos que están baixo a súa titularidade. As ofertas poderán presentarse ata o vindeiro 14 de marzo.
En total, sacaranse á venda 215 parcelas en toda Galicia que suman 517.720 metros cadrados, aos que ao longo de 2023 se unirán outros 86.521 metros correspondentes á ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia, actualmente en desenvolvemento.
Pola súa parte, o IGVS ofrece 288.686,96 metros cadrados de parcelas, que se adxudicarán segundo o establecido nas bases do concurso vixente. No caso do IGVS as parcelas pódense solicitar en calquera momento.
Todas as parcelas que ofrece a Xunta, tanto as promovidas polo IGVS como por Xestur, véndense a prezo bonificado, con descontos do 50% nas provincias de Lugo e Ourense, Ferrolterra, Costa da Morte e fronteira portuguesa, e do 30% nos parques restantes.
Ademais da adxudicación en compravenda existe tamén a posibilidade de acceder ao solo en dereito de superficie, pagando un reducido canon anual (1,5% do prezo os dous primeiros anos), en alugueiro e en compravenda con pago aprazado.
Na provincia de Pontevedra, o concurso convocado por Xestur inclúe 38 parcelas cunha superficie total de 162.406,06 metros cadrados.
|
CONCURSO DE XESTUR GALICIA |
|||
|
PARQUE |
NÚMERO DE PARCELAS |
SUPERFICIE m2 |
PREZO BONIFICADO máximo e mínimo €/m² |
|
A Veigadaña (Mos) |
6 |
22.028 |
107,10 – 126,00 |
|
A Reigosa (Ponte Caldelas) |
13 |
112.368,25 |
53,67 – 70,00 |
|
Lalín |
1 |
2.008 |
70 |
|
Silleda |
3 |
8.457,61 |
44,00 - 59,62 |
|
Arbo |
15 |
17.544,20 |
30 – 35 |
|
TOTAL |
38 |
162.406,06 |
|
Ao solo ofertado en Pontevedra pola empresa pública sumaranse os 37.134 metros cadrados que ofrece o IGVS na Central de Transportes de Ponte Caldelas, que actualmente están readaptándose para incluír usos industriais e comerciais
2,9 millóns de metros adxudicados
Desde que en 2015 se implantaron as bonificacións do 30% e do 50% no prezo de venda do solo industrial baixo a súa titularidade, a Xunta de Galicia adxudicou nos seus parques empresariais preto de 2,9 millóns de metros cadrados.
Dese total, adxudicáronse en compravenda 2.555.044,57 metros cadrados, con bonificacións por importe de máis de 83 millóns de euros. Ademais, adxudicáronse 324.452,23 metros en dereito de superficie, cun valor total de máis de 22,24 millóns de euros, polo que a aposta da Xunta de Galicia por incentivar a actividade das empresas asentadas en Galicia acada os 105,24 millóns de euros.
En total son 565 as empresas adxudicatarias de solo e estímase un investimento pola súa parte de máis de 800 millóns de euros e a creación de máis de 8.000 empregos.
Solo en desenvolvemento
Por outra parte, a Xunta traballa actualmente no desenvolvemento de máis de 6,8 millóns de metros cadrados de solo empresarial, dos que máis de medio millón están en fase de urbanización, máis de 3,1 millóns de metros cadrados en redacción de documentos técnicos e máis de 3,1 millóns de metros cadrados en estudos previos.
En concreto, no caso da provincia de Pontevedra, estase a traballar na dotación de novo solo empresarial nos parques de Ponte Caldelas (Central de Transportes), Lalín, Pontecesures, A Estrada e Mos-Redondela.




















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22