Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 16 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O velatorio do Enterro da Sardiña do Porriño volve ao Círculo Recreativo Cultural

O CRC celebra o Entroido cunha programación para todas as idades

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) celebra o Entroido a partir deste sábado cunha morea de actividades pensadas para todas as idades. A nova xunta directiva presidida por Abel Gallego programou bailes de disfraces para adultos e cativos e recupera o tradicional velatorio do Enterro da Sardiña e o Baile de Piñata.

 

“A pesar de entrar no cargo hai menos de dúas semanas e a sabendas de que tiñamos moi pouco tempo, non podíamos deixar ás socias e socios sen unha celebración así”, comenta Abel Gallego. “Ademais, para o Círculo o entroido é moi importante. Pouca xente sabe que se O Porriño celebra o Entroido cun desfile de comparsas polas rúas, con coplas e cun Enterro da Sardiña, foi grazas a que a xunta directiva do ano 1987 tivo a idea de recuperar esa tradición que había décadas que non se celebraba na vila. Se no Porriño hai Entroido é grazas ao Círculo e iso confirma que o CRC foi sempre un dinamizador da vida social, deportiva e cultural do pobo e que boa parte das súas ideas e actividades trascenderon sempre ás súas instalacións”.

 

O entroido no Círculo arrancará este sábado cun baile de disfraces para adultos que contará coa actuación en directo do Grupo Cibeles. Durante o baile, que dará comezo ás 12:00h., terá lugar un concurso que premiará os mellores disfraces da noite.

 

 

 

 

A nova xunta directiva celebrará tamén o Sábado de Piñata co Dj Mess&Less e a iniciativa “Círculo Aberto”, a través da cal un socio poderá asistir acompañado dun non socio

 

 

 

 

O domingo será a quenda dos máis pequenos coa “Festa infantil de Entroido”, recomendada para cativos de entre 3 e 12 anos. Dende as 16:30h., as nenas e nenos poderán gozar de actividades de animación, obradoiros de máscaras de Entroido, xogos, bailes e concursos.

 

O mércores 22, o salón do CRC volverá a ser o lugar no que se vele a Sardiña, tal e como se fixo dende hai más de 30 anos, e dende o que partirá o enterro para percorrer despois as rúas da vila.

 

O sábado 25, recupérase o tradicional “Baile de piñata”, que contará coa sesión do DJ Mess&Less. Para esta ocasión, a nova xunta directiva decidiu activar o concepto “Círculo Aberto”, a través da cal un socio poderá acudir ao baile acompañado dun non socio.


O “Círculo aberto”, que se aplicará a diversas actividades durante todo o ano, entra dentro da campaña de captación de socias e socios que o CRC vén de poñer en marcha.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.