Vigo
O Concello incorpora 80 novos policías locais nas próximas semanas
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o nomeamento de 32 novos axentes como funcionarios de carreira e funcionarios en prácticas. O vindeiro mes integraranse 38 axentes máis que veñen de superar o período formativo.
O alcalde informou este xoves das novas incorporacións ao cadro de persoal da Policía Local de Vigo. Hoxe quedaron nomeados como funcionarios 32 axentes: cinco policías funcionarios de carreira, vinte policías funcionarios en prácticas e sete inspectores funcionarios en prácticas.
Nas próximas semanas, incorpóranse á comisaría viguesa 38 axentes que xa remataron o seu período de prácticas. Ademais o 10 de marzo, outros dez oficiais de policía inician o seu período de formación para integrarse na Policía Local. En total, o Concello incorpora 80 efectivos nas próximas semanas.
Tal e como apuntou o alcalde, a Policía Local conta nestes momentos con 403 axentes “que velan pola seguridade e o bo funcionamento da cidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163