VIGO
Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo á rehabilitación do Pazo da Raposeira
A Dirección Xeral comunica informe favorable para avanzar no proxecto
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre os proxectos para a rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira e a intervención nun muro de contención do Pazo da Pastora.
O departamento autonómico responde aos documentos achegados pola Administración local no que se remite as actuacións denominadas “Proxecto de execución de rehabilitación e acondicionamento do Pazo da Raposeira” e “Proxecto de intervención, rehabilitacion parcial de muro de contención e peche en Pazo da Pastora”.
En ambos os casos será necesario achegar unha memoria final que documente adecuadamente todo o proceso levado a cabo
No primeiro dos casos, a nova autorización de Patrimonio Cultural condiciona o permiso a que as escavacións precisas para executar a obra deberán realizarse baixo control arqueolóxico. Ademais, tras finalizar a intervención, achegarase unha memoria final que documente adecuadamente todo o proceso levado a cabo en cada unha das súas fases.
Pola súa banda, no caso do Pazo da Pastora, deberá igualmente realizarse a memoria final e entregarse á Dirección Xeral no prazo de seis meses desde finalizada a intervención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163