SOLIDARIOS
O prazo para ser familias acolledoras do programa de Vacacións en Paz segue aberto
A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí segue a buscar novas familias de acollida para o programa Vacacións en Paz deste verán. Dito programa consiste na acollida temporal durante os meses de xullo e agosto de nenas e nenos residentes nos campamentos de refuxiados saharauís ofrecendo a posibilidade de gozar dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica.
Nestes campamentos viven ao redor de 165.000 persoas e dependen case por completo da axuda internacional. Os campamentos están ubicados no suroeste do territorio arxelino, en pleno deserto do Sahara, no que son frecuentes temperaturas de 1 grao no inverno e ata 60 no verán, o cal sumado a difícil situación sociopolítica fai que a vida sexa moi complicada.
Ademais, a histórica compañía Teatro Airiños que este ano celebra o seu 90 aniversario, fará unha función benéfica da obra República Sideral a favor de SOGAPS o día 5 de marzo na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo ás 19.00 da tarde. Nas súas redes sociais estará toda a información sobre a compra de entradas e a posibilidade de facer doazóns para a butaca cero.
Máis información sobre o programa Vacacións en paz sen compromiso no teléfono 678 727 382, no correo-e sogaps.oficial@gmail.com e no sitio web da asociación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163