Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Domingo, 19 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

A próxima semana instalarase a ponte peonil sobre o río Louro

Esta infraestrutura permitirá ir camiñando dende a vella Ponte Internacional até Caldelas

A comezos da próxima semana colocarase a ponte peonil de madeira que unirá ás dúas beiras do río Louro na súa desembocadura. A estrutura chegaba onte a Tui nun transporte especial que precisou dun operativo especial de tráfico debido ás súas grandes dimensións.


Coa colocación desta ponte, explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, darase “cumprimento a unha demanda histórica deste concello de colocar esta infraestrutura sobre o río Louro e seguir viabilizando este paseo fluvial.


Anunciaba tamén o rexedor tudense coma en breve comezarán as obras da senda fluvial entre a praia da Mariña e a praia da Metralla, que serán financiadas pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito unha vez concluídos estes traballos poderase camiñar pola beira do río Miño dende a vella Ponte Internacional até Caldelas.


Enrique Cabaleiro manifestou que “cerraremos estes 4 anos cun traballo importante feito nos ámbitos fluviais do municipio” sinalando que “todos aqueles retos e desafíos que este goberno afrontou no inicio deste mandato os vai deixar materializados ou en vías de materializar”. Nese senso o rexedor tudense lembraba coma arestora está en execución a Senda Fluvial do río Furnia, por parte do Obradoiro de Emprego, e coma nos vindeiros días van asinar coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil o convenio para a execución da senda do río Louro, e están a traballar co Ministerio para viabilizar a senda do río Tripes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.