Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 19 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Fenda dixital: 3.000 veciños de Mos sen acceso a banda ancha

Unha vivenda do Outeiro en Torroso reclama o servizo de internet cunha pancarta / ArquivoUnha vivenda do Outeiro en Torroso reclama o servizo de internet cunha pancarta / Arquivo

Nuns puntos de Mos xa poden dispoñer de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 10 xigas simétricos mentres noutros apenas chegan a 0,001 xigas, no mellor dos casos.

 

Coa última incorporación de operadores de fibra que dan servizo en Mos, xa teñen acceso a banda ancha unhas 12.000 persoas dos 15.000 habitantes do municipio, segundo datos facilitados dende o Concello. Os 3.000 veciños restantes que non dispoñen de Internet de alta velocidade en Mos, terán que seguir agardando unha solución que para moitos chega xa "moi tarde."

 

Seguen sen acceso a fibra de banda ancha en Torroso nos barrios de Outeiro, Fontiña e Igrexa ademáis de Arrufana (Louredo) , Herville (Cela), Castro (Mos), Pedrapinta, Santa Marta e Veigadaña, Cabaleiros (Mos) e tamén parte da Porteliña (Petelos), entre outros.

 

Nestas zonas denominadas “brancas” existe unha cantidade importante de vivendas empresas e negocios que se ven moi afectados pola falta de tecnoloxías de banda ancha. Veciñas e veciños que din sentirse "discriminados" ao ver coma nuns puntos de Mos xa poden dispoñer de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 10 xigas simétricos mentres noutros apenas chegan a 0,001 xigas, no mellor dos casos.

 

Ata o de agora non se atopou unha solución por parte das adminsitracións nin das operadoras para dar resposta a este problema que deixará a veciños sen conexión debido a "dispersión" das súas vivendas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.