Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

A Xunta inviste máis de 65.000€ na restauración da igrexa de Santa Baia en Mos

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, comproba o resultado dos traballos, acompañado da veciñanza

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, comprobou nestes días o resultado das obras de restauración da igrexa de Santa Baia de Mos, que a Xunta apoiou cun investimento de máis de 65.000€. O obxectivo das actuacións, realizadas na segunda parte do ano 2022, foi restaurar parte do interior do tempo como acometer a limpeza dos paramentos exteriores.

 

Na primeira das fases executouse a conservación do presbiterio, en concreto das pinturas murais no arco triunfal e bóvedas. Ademais, nesta intervención acometeuse a recuperación das tumbas dos primeiros Marqueses de Mos.

 

A segunda fase consistiu na rehabilitación das fachadas, evitando posibles filtracións de auga, e volvendo ao aspecto inicial das mesmas. Para isto, procedeuse á súa limpeza xeral e desinsectación. Tamén se procedeu ao rexuntado de muros e á eliminación de antigos morteiros.

 

[Img #80417]

O responsable do departamento de Cultura da Xunta de Galicia puxo en valor esta restauración, “tanto polo valor da igrexa desde o punto de vista cultural como pola implicación da veciñanza na súa conservación”. De feito, na visita do conselleiro participou o párroco, David López, e numerosos veciños.


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.