PONTEAREAS
A Deputación de Pontevedra recibe o Club Natación Ponteareas tralo seu ascenso
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado de Deportes, Gorka Gómez, saudaron as nadadoras do club (unha delas, Carla Carrón, non puido asistir por atoparse concentrada coa selección española) e o presidente e director técnico da formación, Andrés Carrera, ás e aos que felicitaron por ter conseguido ascender á primeira división do Estado.
“Somos-sinalou o deputado de Deportes- unha institución abandeirada do apoio ao deporte feminino, para darlle o espazo que merece por xustiza: desde igualar as axudas aos clubs ata dar os mesmos premios económicos nas competicións”. Gorka Gómez lembrou que a Deputación impulsa outras accións como as bolsas para estudos de adestramento, das que precisamente unha das xogadoras presentes se ten beneficiado. “Temos que facer todo o posible e tamén dar visibilidade aos seus éxitos, porque non ocupa o espazo que merece nos medios malia que son elas quen están a colleitar os maiores logros”, reflexionou.
A nadadora Alba Ortiz de Guinea agradeceu a Deputación polo apoio e asegurou que “formar parte dos 24 mellores clubs do Estado é un honor e non unha sorte, xa que é o froito de horas de traballo moi duro na piscina”, e máis “para un club tan pequeno, con menos axudas e opcións para poder chegar”. A deportista, en clave de broma, afirmou que tralo ascenso a formación vai “levar o escudo do club e o nome de Ponteareas e plantarse en fronte de clubs de renome e moi recoñecidos para dicirlles que se lles acabou o choio”.
Pola súa banda, o presidente e director técnico Andrés Carrera puxo o foco na necesidade de “formar un equipo que poida manter un alto nivel cando moitas das nosas xogadoras están en época universitaria, para que o club siga medrando”. Carrera tamén agradeceu o apoio da Deputación “cuxas axudas son imprescindibles para nós” e tomou a remuda do deputado ao falar das aparicións en medios porque “son un reclamo para patrocinadores privados, os que nos permiten chegar máis alto nos nosos proxectos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217