TUI
A Xunta impulsa 13 actuacións de ‘Fermosismo’ no Baixo Miño
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, supervisaron esta mañá catro melloras en propiedades particulares do Rosal e a impulsada polo Concello de Oia nas fontes e lavadoiro da Riña
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de impulsar ata 13 actuacións de ‘fermosismo’ a través da corrección de impactos paisaxísticos, unha de carácter público e a ducia restante de índole privada, na comarca do Baixo Miño cun investimento de 54.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, acudiron esta semana ata esta bisbarra para supervisar as catro melloras en propiedades particulares acometidas no Concello do Rosal, acompañados pola alcaldesa Ánxela Fernández, e posteriormente desprazáronse ata Oia para comprobar, coa rexedora Cristina Correa, a actuación impulsada polo Concello para a posta en valor das fontes e o lavadoiro da Riña.
“Seguimos traballando de xeito decidido no embelecemento de Galicia tanto con axudas aos concellos para mellorar os bens de titularidade pública e municipal como con achegas aos galegos propietarios de inmobles que queren que estes lozan nas mellores condicións. E nesta liña, a comarca do Baixo Miño foi unha das grandes beneficiarias desta orde de axudas correspondente ao pasado ano, tal e como comprobamos hoxe coas obras rematadas, e agardamos que tamén aproveite a convocatoria deste 2023”, explicaron os representantes autonómicos.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu o pasado ano unha ducia de axudas a prol de particulares da bisbarra cunhas achegas totais por riba dos 34.000 euros. Deste xeito, puidéronse rehabilitar, con melloras en cubertas, fachadas e outras instalacións, un total de 4 inmobles no municipio do Rosal, 3 en Tomiño, 2 na Guarda, 2 en Oia e un en Tui.
Ademais, nesta zona tamén se concedeu unha das axudas para a posta en valor dun ben público a prol do Concello de Oia, que recibíu unha achega de 20.000 euros para o financiamento da recuperación e posta en valor das tres fontes e o lavadoiro da Riña, que están catalogados no Plan Básico Autonómico.
Esta actuación, orzamentada nuns 30.000 euros, centrouse nun conxunto tradicional de pedra granítica e muros de xunta seca de gran valor patrimonial. A mesma consistíu na substitución da cuberta preexistente por outra de madeira e tella cerámica e na restitución dos muros de pedra orixinais.
Para o presente ano, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda volveu a convocar estas axudas na dobre vertente para persoas físicas e tamén para concellos de ata 20.000 habitantes no que se refire a bens de titularidade municipal e uso público que se queiran recuperar ao abeiro das directrices e os valores do Catálogo das Paisaxes de Galicia.
A orde para particulares, que acaba de pechar o seu prazo de solicitudes, ten un orzamento dun millón de euros e financiará ata o 70% cunha axuda máxima de 3.000 euros por actuación, mentres que a orientada aos municipios terá a mesma partida e mantén aberto o período de peticións ata o 28 de febreiro. Neste caso, a achega autonómica tampouco poderá superar o 70% do investimento, pero a contía poderá alcanzar os 20.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122