MOS
A nova senda en Dornelas prolongará a de Torroso cun total de 3 quilómetros
O tramo de senda abarcará desde o IES de Mos ata ASODIFISI e conta cun orzamento de preto de 600.000 euros
Desde o Concello de Mos, a súa alcaldesa, Nidia Arévalo, informa do próximo inicio dun dos grandes proxectos incluídos no Plan Mos Humanizado da presente lexislatura: a senda de Dornelas ou senda Porselo-Brea, que vai desde As Pozas (zona do IES e o Multiusos) ata ASODIFISI, dando continuidade á senda de Torroso en 1.800 metros máis e converténdoa nunha ruta circular de preto de 3 quilómetros de lonxitude.
O Pleno do Concello de Mos ten xa aprobada, por maioría dos seus membros, a dotación de crédito para o expediente de expropiación da nova senda peonil Porselo-Brea desde o ano 2021, e a partida con fondos propios municipais reservada para a acometida da obra desde o pasado 2022. Desde a administración local mosense estase á espera de permiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para iniciar o procedemento de expropiación e posteriores trámites.
O orzamento da obra ascende a 599.415,57 euros. A nova senda transcorrerá polas parroquias de Dornelas, Petelos e Torroso. A nova senda peonil Porselo-Brea, que enlazará coa xa existente senda peonil de Torroso (que vai desde o Multiusos das Pozas ata ASODIFISI) formando unha senda circular de máis de 3 quilómetros de lonxitude.
Deste xeito, tal e como declarou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, “transformaremos o traxecto Porselo-Brea desde o IES ata ASODIFISI nunha vía de circulación máis cómoda que inclúa tamén unha senda peonil que enlace coa senda de Torroso creando un itinerario circular”. A actual senda peonil de Torroso ten unha lonxitude de 1.370 metros que, sumada aos 1.800 metros da futura senda Porselo-Brea, dará unha senda circular cun percorrido total de 3.170 metros.
Esta infraestrutura viaria de 1.800 metros de lonxitude, permitirá unha mellora salientable do tráfico tanto rodado como de viandantes nun dos principais viarios do municipio
A senda peonil en Dornelas, desde o I.E.S. de Mos ata ASODIFISI, transcore, como se dixo polas parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso co obxectivo de completar, en forma de anel, a senda xa construída desde o Edificio Multiusos ata ASODIFISI, dando ao viario sobre o que se actuará, unha maior seguridade para os peóns, que na actualidade mesturan os seus itinerarios cos vehículos a motor.
Este proxecto desenvolve unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, ampliando a capa de rodadura e construíndo unha senda específica para os peóns. Acadarase un ancho máximo de 8,00 metros que dá a esta zona unha mellora substancial para o fluxo do tráfico e de persoas.
Preténdese desenvolver unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, nas parroquias de petelos, Dornelas e Torroso, que a día de hoxe encóntranse cunhas limitacións físicas á hora de acoller o tráfico de vehículos e peonil que por elas transita. Conseguirase deste xeito dar continuidade a estas rúas cunha sección axeitada cara a resolver e minorar os problemas circulatorios, agravados en momentos puntuais pola entrada e saída de alumnos nos equipamentos educativos emprazados nas Pozas. Estes son os motivos da necesidade de ocupar e executar a maior brevidade posible a infraestrutura proxectada (que permitirá unha mellora salientable do tráfico nun dos principais viarios do municipio). A delimitación do ámbito de expropiación comprende un total de 3.352,56 m² repartidos entre 126 predios segundo a realidade catastral identificada sobre o terreo, establecéndose a través dos seguintes lindeiros: ao norte, con rúa Brea e rúa Costiña, ao leste, en Seixabre coa estrada do Adrovello, ao sur, nace nas Pozas, na rotonda da estrada das Pozas; e ao oeste, camiño de Pedreira e camiño de Bouzos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149