Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 25 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Xornada anual do asociacionismo en Mos

Será un encontro tipo networking no que se reúnan membros de todas as entidades e colectivos asociativos do municipio

Esta semana celebrouse no Multiusos das Pozas un encontro coa alcaldesa, Nidia Arévalo, dos colectivos e entidades do municipo. A xuntanza daba continuidade ao programa que se viña realizando nos últimos anos co fin de escoitar ás agrupacións que traballan en Mos.


Tratouse dun momento de encontro, ao que asistiron un total de 120 persoas membros de 70 colectivos mosenses, e no que se puxeron en común inquedanzas e necesidades.


Participaron integrantes de de entidades asociativas veciñais, deportivas, culturais, sociais, empresariais… Comunidades de Augas, de Montes, etc. que puideron preguntar e suxerir a Arévalo todas aquelas cuestións que consideraron oportunas.


No encontro, de preto de dúas horas e media de duración, acordouse organizar unha xornada anual do asociacionismo. Un sábado ao ano pasar o día xuntos todos os membros dos colectivos de Mos nun encontro, tipo networking, no que sumar sinerxias, compartir experiencias. Unha xornada formativa, de convivencia e de lecer para implementar fortalezas e confraternizar, crear e aumentar a rede de contactos, coñecer a persoas e organizacións, dar a coñecer servizos, descubrir oportunidades, etc.


A alcaldesa destacou durante a xuntanza “a importancia do tecido asociativo mosense, e a súa implicación en traballar para o ben común e para que o Concello mellore, que mellore a calidade de vida e o día a día da veciñanza” e salientou a súa intención como rexedora local de “seguir escoitando aos diferentes colectivos para saber o que Mos quere e o que Mos necesita, para seguir mellorando e construíndo un Mos mellor”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.