VIGO
Patrimonio Cultural autoriza a urbanización do polígono 1 do Plan parcial de San Paio de Navia
A Dirección Xeral comunica ao Concello de Vigo o informe favorable para avanzar no desenvolvemento urbanístico do barrio
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre o expediente de urbanización do Polígono 1 do Plan Parcial de San Paio de Navia que desenvolve a Xunta de Galicia.
O departamento autonómico responde así afirmativamente ao proxecto que permitirá ampliar o Polígono de Actuación Urbanística (PAU) de Navia. O Polígono 1 é un dos tres que delimita a Modificación Puntual do Plan Parcial de Navia para o desenvolvemento das etapas pendentes III-B, IV, V e VI.
Patrimonio Cultural autoriza a urbanización do ámbito o considerar que “non implica maiores afeccións patrimoniais” que o traslado dunha eira a unha zona verde central do Polígono, o que “considera axeitado aos efectos de protección do ben catalogado”. Tamén indica que se procederá á “reintegración do esquinal que está desaparecido con pedra nova”.
Ademais, respecto do hórreo catalogado, foi necesario utilizar un dron para determinar o seu estado dada a inaccesibilidade. “Isto serviu para constatar que o elemento non se atopa xa en pé”, sinala Patrimonio Cultural antes de engadir que “no caso de que se localice o hórreo deberase proceder a súa incorporación á urbanización do polígono a través dun proxecto específico”.
Por último, respecto do deseño das zonas verdes, materiais, seccións e pavimentos elexidos, sinala que “a proposta resulta axeitada para un ámbito de desenvolvemento de carácter urbano, como no que nos atopamos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58