GALICIA
A Xunta compra 888.000 doses da vacina da gripe e 55.000 da pneumonía
Rueda destaca que se incrementará a protección dos máis vulnerables coa adquisición de 83.000 vacinas máis da gripe para administrar “a maiores de 80 anos e persoas de mais de 60 que habitan nas residencias”
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno galego adquirirá “un total de 888.000 doses da vacina antigripal para a próxima campaña de vacinación” por un importe total de 10.023.000 €, “e 55.000 doses da vacina do pneumococo mellorada”, por importe de 2.696.408 €. En total, o Goberno galego destinará máis de 12,7 millóns de € á compra de 943.000 doses destas vacinas.
O Consello da Xunta acordou na súa reunión de onte a adquisición das novas inxeccións co obxectivo de mellorar a protección e a prevención da poboación fronte ás enfermidades evitables mediante a súa inmunización.
Se no ano 2022, o Goberno galego reforzou as vacinas para os máis pequenos, incorporando no Calendario de Vacinación da poboación pediátrica a vacina da gripe, e aumentando os niveis de protección con outras vacinas, como a do virus do papiloma humano nos varóns de 12 anos ou a do meningococo B nos nenos de 2 e 4 meses; en 2023 o Goberno galego mellorará a inmunización dos nosos maiores, coa compra da vacina do pneumococo con maior protección e coa administración, a partir do mes de xuño, da vacina do herpes zóster aos maiores que cumpran 65 e 80 anos.
Vacinas da gripe
No caso das vacinas da gripe, a Xunta quere garantir a próxima campaña de vacinación nos preto de 900 puntos habilitados na nosa Comunidade autónoma.
A adquisición das 888.000 doses antigripais se adapta a cada grupo de idade. Tal e como explicou o presidente da Xunta, a compra para a vindeira campaña divídese en dous grupos. “Unhas 218.000 doses para os grupos máis vulnerables como os maiores de 80 anos ou persoas de máis de 60 que viven nunha residencia”, sinalou e resaltou que se trata de 83.000 doses máis que as adquiridas na anterior campaña. Serán vacinas inactivadas producidas a partir de virus crecido en ovos embrionados, de virus fraccionados ou de antíxenos de superficie (H e N), de 60 microgramos de aglutinante, ou análogas.
A estas doses sumaranse, segundo explicou Rueda, “outras 670.000 doses” para a administrar á poboación pediátrica – de entre 5 e 59 meses-, á poboación de entre 60 e 79 anos e a persoas pertencentes a grupos de risco de entre 5 e 59 anos. Estas vacinas serán inactivadas, de virus fraccionados ou de antíxenos de supeficie (H e N), ou análogas que conteñan 4 cepas do virus da gripe.
Esta vacina se oferta de maneira gratuíta á poboación e está especialmente indicada para as persoas incluídas nos grupos de risco -persoas maiores, mulleres embarazadas e cidadáns con condicións médicas que os predispoñan a padecer complicacións por esta enfermidade-.
Vacinas do pneumococo
Pola súa banda, Rueda resaltaou que a compra de 55.000 doses da vacina do pneumococo mellorada “garantirán maior protección da poboación fronte a enfermidades causadas por esta infección, como a meninxite neumocócica e a pneumonía”.
O Goberno galego destinará un total de 2.696.408 euros á adquisición destas vacinas, que protexerán fronte a 20 serotipos -fronte aos 13 serotipos que inclúen as actuais – reforzando así a inmunización de persoas de 65 anos e poboación de 18 ou máis anos pertencente a grupos de risco, que son os actuais destinatarios e que se inclúen no Programa Galego de Vacinación. “Trátase dunha vacina máis potente e que ofrece máis memoria inmune”, indicou o presidente, quen resaltou que non hai unha campaña específica para a vacinación contra o pneumococo e que os interesados poden recibir a dose en calquera momento do ano.
A compra destas 55.000 doses da tamén cumprimento ao anuncio feito polo Goberno galego a finais do mes de xaneiro no Parlamento, cando o conselleiro de Sanidade asegurou que a vacina contra 13 serotipos de neumococo que a Xunta introduciu no 2017 será substituída por unha nova vacina contra 20 serotipos distintos, logrando a máxima protección para os maiores galegos contra a pneumonía e outras doenzas, como as infeccións de oído ou a bacteriemia.
Vacinación da poboación pediátrica e o calendario máis completo
Galicia conta co calendario de vacinación infantil máis potente de toda España, grazas a que a Xunta asume os custos que antes pagaban as familias. Tamén, na súa estratexia de vacinación, a Xunta agrupou a inmunización infantil e de adultos nun único calendario de vacinación para toda a vida, que recolle as recomendacións e pautas de inmunización ordinaria para as persoas desde o seu nacemento ata a idade adulta, e que entrou en funcionamento o 15 de setembro de 2022. Esta nova estratexia de vacinación integra os calendarios infantil e de adultos que xa existían, e inclúe as novas vacinas como a do virus do papiloma humano, a do meningococo e a da gripe para a poboación pediátrica. O novo calendario supón un aumento do investimento anual de 5 millóns de euros. O investimento total para o ano 2023 desta estratexia de vacinación á poboación superará os 23,6 millóns de euros.
Por outra banda, lembrar que a partir do mes de xuño a Xunta comezará a administrar a vacina contra o herpes zóster por grupos de idade. Ata o de agora só administrábase a determinados grupos de risco e agora ampliarase, comezando este ano polos maiores que cumpran 65 e 80 anos.
Datos de vacinación da gripe na campaña 2022-2023
Tal e como resaltou Rueda, a anterior campaña de vacinación da gripe “tivo unha gran resposta por parte da cidadanía”. Os datos indican que no caso das persoas de 65 e mais anos, no que se puxo un obxectivo de cobertura do 75%, obtívose unha cobertura final superior, ata chegar ao 76,03%.
No caso da vacinación infantil sistemática, que se implantou por primeira vez nesta campaña, acadouse un 54,97% de cobertura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126