Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 05 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra retoma a súa actividade habitual

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, retoma a partir desta fin de semana, a súa actividade habitual con novos horarios de atención ó público e maneiras de achegarse ós contidos museísticos.


O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Os días de apertura ó público serán de xoves a domingo en horario de 11h a 14h e de 17h a 19h. Ampliándose os días visitables cara a tempada de verán coa apertura tamén ós mércores.


En prol da maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo, as visitas guiadas faranse mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil. As visitas para grupos precisan de reserva previa que deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.