O PORRIÑO
Presenta o primeiro tramo da lista do BNG no Porriño
Pedro Pereira presenta o primeiro tramo da lista do BNG para as eleccións municipais do 28 de maio, as seis persoas que o acompañan nos primeiros postos dunha "candidatura pensada para gobernar O Porriño en grande":
2. Míriam Martínez Troncoso: Traballadora Social. Empregada pública da Administración Xeral do Estado. Participou como concelleira no goberno do BNG no Porriño entre os anos 2007 e 2010.
3. Marcelo Rodríguez Acosta: Profesional da educación ambiental e filólogo. Formou parte do equipo de goberno do BNG no Porriño entre os anos 2005 e 2010.
4. Mónica Bugarín Ramilo: Diplomada en Ciencias Empresariais. Funcionaria da Xunta. Foi presidenta da asociación cultural Os Penediños de Atios. Experiencia na corporación como concelleira do BNG na oposición.
5. Ana Bastos: Profesora de ensino secundario. Experiencia na corporación como concelleira do BNG na oposición.
6. Cesar Lourido Landín: Operario. Activista cultural na asociación Arela, organizadora do Festival de Cans.
7. Soraya Domínguez Portela: Profesora de ensino secundario. Actual voceira da Marcha Mundial das Mulleres na Louriña.
Un equipo "con formación, con bagaxe profesional e introdución no tecido asociativo, con capacidade para proxectar e liderar O Porriño do futuro" sinalan. Recuperando para os primeiros postos da candidatura persoas "con experiencia na política municipal e incorporamos outras que se teñen achegado ao Bloque nos últimos tempos".
"Acreditamos nas potencialidades do Porriño. Queremos un concello transparente, con mellores servizos, que funcione e no que non se malgasten recursos. Seguir avanzando na recuperación de espazos públicos, tamén nas parroquias, e converter o Louro no elemento vertebrador do municipio. Un concello feminista que traballe da man do movemento asociativo local e blinde as políticas sociais para garantir dereitos, para que ninguén quede atrás" explican dende o BNG.
Por último sinalan que "o BNG ten demostrado no Porriño coherencia, solvencia, rigor e capacidade de goberno. Temos proxecto, ideas claras e vontade de sumar. Queremos recuperar a ilusión do electorado de esquerda, acoller o voto desencantado cos comportamentos irresponsables que facilitaron a chegada ao goberno do PP. Imos a por todas, non nos poñemos límites e imos dar o mellor de nós. Con toda a humildade, mais tamén coa confianza e o orgullo de sabermos que os grandes avances no Porriño sempre foron da man do BNG".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11