Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 09 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
AS NEVES

A Xunta trasládalle ao alumnado da EFA das Neves as medidas impulsadas para a promoción do rural

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta semana o centro de ensinanza EFA A Cancela, situado no concello das Neves, onde lle trasladou ao seu alumnado as medidas impulsadas polo Goberno galego para a dinamización demográfica e a promoción do rural.

 

O director xeral explicou que a Xunta aposta por crear servizos nos concellos menos poboados de Galicia, que permitan dotar dunha mellor calidade de vida ás persoas que libremente deciden vivir neles. Deste xeito, apuntou, favorécese a creación dun entorno máis vivo, no que o acceso a atención, a ocio e a servizos estea garantido.

 

Especialmente no ámbito da conciliación, lembrou a posta en marcha das casas niño e das casa do maior, que permiten contar con centros de atención ao carón dos fogares para a infancia e aos maiores. Ademais, tamén permiten crear emprego vencellado ao ámbito dos coidados naqueles concellos nos que se crean.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.