Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Os IES de Ponteareas e o CIFP A Granxa amosan ás familiasos itinerarios educativos que ofrecen

A FANPO e a ANPA Val do Tea en colaboración cos equipos de dirección e orientación dos centros informarán sobre a oferta educativa, prazos de matrícula e niveis educativos dende os que acceder á Formación Profesional

[Img #80709]A Asociación de Nais e Pais do IES Val do Tea de Ponteareas e o equipo de dirección convidan a toda a comunidade educativa á II Xornada de Itinerarios e Orientación organizada en colaboración coa Federación de Asociacións de Nais e Pais (FANPO).


O vindeiro xoves día 9 de xuño ás 19 horas terá lugar no salón de actos do instituto unha xornada informativa na que os equipos de dirección e de orientación dos tres institutos de Ponteareas e do CIFP A Granxa asesorán ás familias dos múltiples itinerarios que pode seguir o alumnado.


Orientadoras dos catro centros traballaron xuntas no deseño deste encontro no que ademais de ofrecer toda a información dispoñible sobre formación profesional,. conversarán coas familias sobre o mellor xeito de abordar o futuro educativo do alumno/a.


Ferramentas para decidir en familia, información sobre a oferta pública de ciclos, pautas para seguir diferentes itinerarios, accesos á universidade sen cursar bacharalato, educación para adultos e alternativas para alumnado con necesidades especiais son algúns dos temas que abordarán os departamentos de orientación dos centros educativos de Ponteareas.


Equipos directivos e de orientación do IES Val do Tea, IES do Barral, IES Pedra da Auga e CIFP A Granxa, falarán coas familias co obxectivo de resolver dúbidas, axudar na toma de decisións e ofrecer a máis ampla información posible.


“Que fago ao rematar secundaria ou que pasa se non me gusta o ciclo ou carreira que elexín” son algunhas das preguntas máis frecuentes ás que teñen que dar resposta as familias nesta etapa. Coñecer a extensa lista de posibilidades que existen, entender que temos o dereito a equivocarnos, comprender que un estudo pode non reunir as expectativas agardadas, definir quen toma a decisión sobre o itinerario e estudos que quere cursar o alumno/a, non facer dunha decisión un conflito ou imposición ou como retomo os meus estudos son algunhas das cuestións que abordarán os profesionais dos nosos centros educativos na xornada de Itinerario e Orientación.


“O persoal orientador informará sobre as ofertas educativas de cada centro, explicará as características máis salientables do bacharelato, da oferta de educación para maiores de 18 anos, da FP e doutras posibilidades que axuden a tomar decisións sobre un itinerario académico-profesional, acorde ao alumno/a e ao seu contexto sociofamiliar”, explican as orientadoras participantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.