GALICIA
Rueda salienta o incremento nun 6 % das contías das pensións non contributivas para 37.000 galegos
Apróbase un complemento para os beneficiarios de pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, para as persoas anciáns e enfermas con incapacidade e para aquelas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos
O presidente do Gonero galego, Alfonso Rueda, salientou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do incremento nun 6 % do complemento autonómico para ao redor de 37.000 persoas que perciben unha pensión non contributiva na nosa Comunidade.
Deste xeito, adiantou que o Goberno galego achegará 218 euros nun pagamento único e adiantará o seu ingreso seis meses, para facelo xa no mes de abril. “Galicia foi pioneira neste complemento”, lembrou o mandatario galego, quen puxo en valor que a Xunta non só a manteña na actualidade, senón que incremente a súa contía fronte a outras comunidades que non dispoñen deste complemento.
Rueda salientou que a Administración autonómica destina máis de 8 millóns de euros neste complemento para aumentar a súa contía e puxo en valor que se procura así axeitalao ao coste da vida e á suba xeral dos prezos. Tamén destacou o feito de que ingreso desta axuda realizarase de oficio a todos os beneficiarios que cumpran cos requisitos, “sen necesidade de solicitala nin levar a cabo ningún trámite”.
O complemento está dirixido a pensionistas de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, persoas anciáns e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódicas e persoas con discapacidade que reciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.
Ininterrompida
Rueda incidiu en que Galicia é unha das poucas comunidades que concede de xeito ininterrompido durante os últimos anos esta axuda extraordinaria que non é obrigatoria, pois son os propios Executivos autonómicos as que deciden mantela.
Neste senso, a Xunta incrementou este ano o orzamento dirixido á inclusión social nun 25 %. Deste xeito, o presidente do Goberno galego remarcou que, ademais de aumentar o complemento autonómico das pensións non contributivas, a Xunta tamén subiu as contías da Risga, o das axudas de inclusión social (AIS) e o do bono social térmico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126