Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 10 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Concellos do sur de Pontevedra cuantifican en máis de 10 M€ os danos polas inundacións

Alcaldesas e alcaldes de 13 municipios reiteran a súa reclamación á Xunta para que declare a zona de Emerxencia e que abra unha liña de axudas

Máis de dous meses dende as fortes inundacións sufridas o pasado Nadal, os alcaldes e alcaldesas de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais reiteran a súa petición á Xunta de Galicia de que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación duns danos valorados polo momento en máis de 10 millóns de euros e aos que hai que sumar os sufridos polo sector agroforestal, empresas e particulares.


Rexedoras e rexedores da Cañiza, A Guarda  As Neves, Baiona, Gondomar, Mondariz, Nigrán, O Rosal, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui lamentan o “desprezo e abandono” da Xunta non só aos Concellos, que sufriron seis semanas de inundacións reiteradas, senón tamén aos case 200.000 habitantes, ás pequenas e medianas empresas e ás persoas autónomas deste territorio.


“Enfrontamos sos está situación dende o primeiro momento, incluso para poder facer unha valoración dos danos sufridos. Levamos tres meses realizando e sufragando as reparacións para recuperar servizos esenciais para a nosa veciñanza, gastos por un valor que nalgúns municipios é un terzo do seu orzamento anual. Estamos ante unha situación complicada, sen saber como imos afrontar os custos e coa Xunta, a administración competente, desaparecida”, salientaron este xoves en rolda de prensa.

 

 

 

 

Lamentan o “desprezo e abandono” da Xunta, que máis de dous meses despois asegura que podería ir a visitar por primeira vez as zonas afectadas, aínda que pide a presenza de representantes doutras administracións

 

 

 


Tras dous meses de silencio por parte da administración autonómica, o seu presidente, Alfonso Rueda, respondeu á carta conxunta enviada o 1 de febreiro polos 13 alcaldes e alcaldesas asegurando que a Xunta estaría disposta a trasladar ata a zona ao vicepresidente segundo para coñecer os danos, aínda que instando aos Concellos a organizar un encontro no que tamén estiveran presentes representantes doutras administracións.


“É un verdadeiro desprezo aos municipios, aos seus rexedores e rexedoras, ao tecido empresarial e á veciñanza. Nunha situación extrema como esta son os Concellos os que demostraron estar ao lado da xente, asumindo cuestións nas que non teñen competencias por garantir o benestar da cidadanía”, aseguraron os rexedores e rexedoras. Lembraron ademais o resto de administracións responderon con axilidade ante a delicada situación, xa que o delegado do Goberno do Estado estivo visitando a zona e explicando aos Concellos as distintas liñas de axudas postas á súa disposición e a Deputación de Pontevedra habilitou crédito e unha liña de axudas para facer fronte á reparación dos danos.   


Ante o elevado balance de estragos, os concellos afectados urxen tamén á Xunta unha partida orzamentaria extraordinaria dada a excepcionalidade dos danos nestas comarcas, que non só permitiría aos gobernos municipais afrontar e reparar os danos, senón que tamén beneficiaría a milleiros de veciños e veciñas que teñen que recompoñer as súas vivendas e propiedades tras os estragos causados pola forza inusual da auga e a persoas autónomas e moitas pequenas e medianas empresas que viron danadas as súas instalacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.